jueves, 26 de marzo de 2009

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2009

De acordo cos artigos nº 24 e 25 dos Estatutos que regulan esta Asociación Veciñal e Cultural, a Xunta Directiva convoca a todos os socios a participar na Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar, no salón da 1ª planta do Centro Social e Cultural ‘OS CASTROS’, o vindeiro domingo 19 de Abril de 2009, ás 10:30 horas en 1ª convocatoria, e ás 11:00 horas en 2ª convocatoria; coa seguinte

ORDE DO DÍA

I. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
II. Memoria anual de actividades.
III. Informe de proxectos e obras realizadas.
IV. Balance económico, e aprobación, se procede.
V. Propostas da Xunta Directiva:
a) Acceso e uso compartido do Centro.
b) Reorganización salas e oficinas do Centro.
c) Outras.
VI. Propostas entregadas polos socios.
VII. Renovación parcial da Xunta Directiva: Presidente/a, Vicepresidente/a (1 ano), Secretario/a, e Vocais 1º, 3º, 4º (1 ano), 5º, 7º, 9º e 11º.
VIII. Rogos e preguntas.

o Esta Asemblea celebrarase en 1ª convocatoria de atoparse presentes a metade máis un dos socios, ou en 2ª convocatoria con calquera que sexa o número de asistentes (Art. nº28).

o Os socios/as poden presentar por escrito propostas para tratar no punto VI da orde do día, sempre que se entreguen á Xunta Directiva cun mínimo de 5 días antes da Asemblea (Art. nº30).

o Pódense presentar candidaturas para os cargos da Xunta Directiva a renovar, incluídos no punto VII, por parte dos socios cun mínimo de un ano de antigüidade e unha antelación de 10 días á Asemblea (Art. nº 17 e 19).

A Asemblea Xeral de Asociados/as é o órgano de expresión de vontade da Asociación (art. 23), e os acordos adoptados nela obrigarán a todos os/as asociados/as, incluso aos/ás non asistentes (Art. nº 30), polo que dende a Xunta Directiva solicítase a asistencia de todos os/as socios/as, exercendo o seu dereito de asistir (Art. 9), dada a importancia dos temas a tratar, e co fin de chegar a acordos coa máxima participación e consenso.


En Pereiras, a 24 de marzo de 2009

Un cordial saúdo da Xunta Directiva.

COMEZO DE CURSOS PRIMAVERA 09

Informamos do comezo dos novos cursos no Centro Social e Cultural "Os Castros":


Curso de Xardinería: xoves 26 de marzo.


Curso de Pilates: mércores 01 de abril.