sábado, 30 de julio de 2011
MODIFICACIÓN HORARIOS FUTBITO
jueves, 28 de julio de 2011
SORTEO TORNEO FUTBITO DE VERAN
Cinco equipos masculinos e dous femininos compoñen os grupos que xogaran entre luns e xoves en modo liguilla para os homes e nunha final a ida e volta para as mulleres. O venres terán lugar as semifinais e final masculina.
Os horarios quedan da seguinte maneira. Bo xogo a todas e todos.
miércoles, 20 de julio de 2011
REUNIÓN CAMPIONATO DE FUTBITO 2011
Se xa estás anotado, queres xogar ou xa formaches algún equipo acude o próximo xoves para entre todos e todas definir como se vai desenrolar o campionato.
As datas serán a primeira semana de agosto, de luns a venres ou de luns a sábado e os horarios pola tarde-noite, dependendo dos encontros que haia que disputar.
Formarase un equipo por barrio, zona ou lugar, con veciños da parroquia, e que teñan como mínimo 5 socios.
Aquí tedes o cartel...
miércoles, 13 de julio de 2011
TORNEO DE FUTBITO POR BARRIOS
Todas e todos interesados xa se poden anotar para participar con e contra a súa veciñanza. Os medios de inscripción son os habituais; teléfono, e-mail, no propio Local ou contactando con algún membro da Directiva.
Días antes da competición faremos unha reunión con toda a xente e equipos inscritos para elaborar a distribución dos mesmos e o calendario; todo en función da participación existente.
A xogar!!
lunes, 4 de julio de 2011
UNHA NOVA XUNTANZA DE XENTE
O sábado comezamos co espectáculo de Play Back de Guizán que sorprendeu cos bailes e coreografías das súas mozas e mozos.
O monologuista Rodri de Pias trouxo a nota cómica con contos e chistes, algúns para todos os públicos e outros máis subidos de tono aproveitando as altas horas e gañándose a complicidade do público. Tamén gustaron as referencias máis locais á parroquia e ao concello.
Pechamos a noite con música, os veteranos compoñentes de Louro River Band, á luz do foco que máis iluminaba, puxeron a ilusión duns principiantes e a súa longa experiencia melódica para agradar coas súas cancións de estilos pop e rock.
O domingo arrincouno o grupo de baile local e despois dos obrigados cafés, tapas e vermouths, tivo lugar o xantar popular amenizado pola charanga Vai de Baile, que compensou o seu retraso na actuación coa intensidade da súa música.
Pola tarde gran asistencia de público para seguir o festival folclórico infantil, e despois nenos e maiores seguiron as historias da princesa Sabela que nos trouxo a compañía Tarabelos.
Por causa do aire o público tivo que andar máis activo que nunca, para poder ver no exterior o baile tradicional, no interior do Centro Cultural os títeres, e voltar -cadeira en man- ao exterior para seguir o espectáculo de evasións de Pajarito e o seu compañeiro Jan Pierre, recén chegado de Francia.
Esperamos que todos os asistentes pasaran uns bos momentos estes dous días e que dentro dun ano ninguén falte ao trixésimo aniversario da Xuntanza.
Gracias a todas e todos.