jueves, 15 de abril de 2010

Novos Cursos 2010


Organizados pola Avv."Nosa Terra", Subvencionados pola Diputación de Pontevedra



Pilates


Realización: Luns e Mercores de 21:00 a 22:00 h.

Comezo: Mayo

Prezo: socios gratuito




HÁBITOS ALIMENTARIOS E MEDICIÑA PREVENTIVA

Realización: Mercores de 19:30 a 20:30 h.

Comezo: 19 de mayo

Prezo: socios gratuito

Se quere anotarse nalgun curso pode facelo por telefono 638 988 710 ou por correo avvnosaterra@yahoo.es

Cursos 2010


Bolillos


Realización: Venres de 18:00 a 20:00 h.

Comezo: todo o ano

Prezo: 20€ mes



Tai chi


Realización: Luns de 19:30 a 20:30 h.

Comezo: todo o ano



Organizados pola Avv."Nosa Terra", subvencionados polo Concello de Mos



Aerobic

Realización: Martes de 21:00 a 22:00 h.

Xoves de 21:30 a 22:30 h.

Comezo: todo o ano

Prezo: socios gratuito



Baile Moderno

Realización: Venres de 20:30 a 22:00 h.

Comezo: xa comezou

Prezo: 20€ (20 horas)



Danza do Vientre


Realización: por determinar

Comezo: setembro

Prezo: 20€ (20 horas)

martes, 13 de abril de 2010

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Este domingo 18 de abril terá lugar no CC "Os Castros" a Asemblea Xeral Ordinaria correspondente ao ano 2010.

Horario:

1ª convocatoria: 11:00 h.
2ª convocatoria: 11:30h.

viernes, 17 de abril de 2009

ACORDO DE COLABORACIÓN PILI PORTO

A Avv "Nosa Terra" de Pereiras e o Centro de Estética Pili Porto http://www.piliporto.com/ de Porriño chegamos a un acordo de colaboración polo cal os nosos asociados e asociadas poderán beneficiarse dun desconto especial dun 10% en calquera dos servizos ofrecidos, e dun 15% en todos os bonos dispoñibles.

Os socios e socias deberán presentar o carné de asociado e o dni para gozar destas ofertas, que estarán en vigor ata o 15 de marzo de 2010.

Animámosvos a todos a beneficiarse desta promoción.


Un saúdo.

jueves, 26 de marzo de 2009

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2009

De acordo cos artigos nº 24 e 25 dos Estatutos que regulan esta Asociación Veciñal e Cultural, a Xunta Directiva convoca a todos os socios a participar na Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar, no salón da 1ª planta do Centro Social e Cultural ‘OS CASTROS’, o vindeiro domingo 19 de Abril de 2009, ás 10:30 horas en 1ª convocatoria, e ás 11:00 horas en 2ª convocatoria; coa seguinte

ORDE DO DÍA

I. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
II. Memoria anual de actividades.
III. Informe de proxectos e obras realizadas.
IV. Balance económico, e aprobación, se procede.
V. Propostas da Xunta Directiva:
a) Acceso e uso compartido do Centro.
b) Reorganización salas e oficinas do Centro.
c) Outras.
VI. Propostas entregadas polos socios.
VII. Renovación parcial da Xunta Directiva: Presidente/a, Vicepresidente/a (1 ano), Secretario/a, e Vocais 1º, 3º, 4º (1 ano), 5º, 7º, 9º e 11º.
VIII. Rogos e preguntas.

o Esta Asemblea celebrarase en 1ª convocatoria de atoparse presentes a metade máis un dos socios, ou en 2ª convocatoria con calquera que sexa o número de asistentes (Art. nº28).

o Os socios/as poden presentar por escrito propostas para tratar no punto VI da orde do día, sempre que se entreguen á Xunta Directiva cun mínimo de 5 días antes da Asemblea (Art. nº30).

o Pódense presentar candidaturas para os cargos da Xunta Directiva a renovar, incluídos no punto VII, por parte dos socios cun mínimo de un ano de antigüidade e unha antelación de 10 días á Asemblea (Art. nº 17 e 19).

A Asemblea Xeral de Asociados/as é o órgano de expresión de vontade da Asociación (art. 23), e os acordos adoptados nela obrigarán a todos os/as asociados/as, incluso aos/ás non asistentes (Art. nº 30), polo que dende a Xunta Directiva solicítase a asistencia de todos os/as socios/as, exercendo o seu dereito de asistir (Art. 9), dada a importancia dos temas a tratar, e co fin de chegar a acordos coa máxima participación e consenso.


En Pereiras, a 24 de marzo de 2009

Un cordial saúdo da Xunta Directiva.

COMEZO DE CURSOS PRIMAVERA 09

Informamos do comezo dos novos cursos no Centro Social e Cultural "Os Castros":


Curso de Xardinería: xoves 26 de marzo.


Curso de Pilates: mércores 01 de abril.



miércoles, 11 de febrero de 2009

Novos cursos primavera 09

Xa vos podedes anotar nos novos cursos organizados pola Avv "Nosa Terra"; subvencionados pola Deputación de Pontevedra.


PILATES

Realización: os mércores de 21:00 a 22:00h.

Comezo: marzo.

Prezo: de balde.




REPARACIÓN DOMÉSTICA E BRICOLAXE


Realización: os venres de 19:30 a 21:30h

Comezo: marzo.


Prezo: de balde.