viernes, 30 de septiembre de 2011

EN MARCHA A BTT

Seguen os preparativos para que o próximo domingo 09 todo vaia sobre rodas.
Os pre-inscritos por correo electrónico xa están a recibir o seu número de participación e así poder contar co avituallamento e participar no sorteo de regalos que terá lugar ao final da ruta ciclista.

A todos e todas que todavía non vos apuntastes ou non tedes acceso a un correo electrónico facernos chegar a vosa pre-inscripción por calquera outro medio para contar coa vosa presenza.

Agradecemos aos seguintes colaboradores a súa aportación de productos para o avituallamento, que tamén contará con fruta suministrada por outro colaborador local.

martes, 20 de septiembre de 2011

LISTADO DEFINITIVO CURSOS 2011

Aquí tendes a relación de todos os cursos xa programados.

Aproveita agora,,, fórmate e divírtete!

638988710 / avvnosaterra@yahoo.es / Facebook / CC “Os Castros” / X.directiva


lunes, 19 de septiembre de 2011

1º TROFEO MINI BTT NOSA TERRA

Os máis miudos terán ocasión de probar a súa destreza e forza nunha bicicleta de montaña este sábado 24 de setembro de 2011 en Pereiras (Mos).

A Avv. “Nosa Terra” colabora na organización deste trofeo que traerá ata a nosa parroquia ao arredor de 150 participantes, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos.

Na proba participarán todas as escolas galegas de ciclismo, xa que a mesma está incluida no calendario oficial da federación galega e como tal será puntuable no ranking desta modalidade BTT.

As categorías para participantes son as seguintes:

PREBENJAMINES: nacidos nos anos 2005 e 2006.
PROMESAS: nacidos nos anos 2003 e 2004.
PRINCIPIANTES: nacidos nos anos 2001 e 2002.
ALEVINES: nacidos nos anos 1999 e 2000.
INFANTILES: nacidos nos anos 1997 e 1998.

IMPORTANTE: poderán participar todos os nenos e nenas que queiran. Os que non estexan federados terán que pagar 12€ (seguro e licenza de un día), no mesmo día da proba. Os xuices árbitros da federación galega realizarán a inscripción de todos os interesado.

Calquera información previa que precises, infórmate no teléfono 664 494 347.

Anímate!! Esperamos descubrir na nosa localidade novas promesas do pedal!!


SEGUIMOS A PROGRAMAR A FORMACIÓN

Boas novas!

Aos cursos que xa vos foran comunicados neste blogue, hai que sumarlle outros máis que se están rematando de programar e que aquí vos avanzamos:

BAILES LATINOS. Martes de 20:00 a 21:30h.
COIRO E MACRAMÉ. Sábados tarde.
BATUKA, FITNESS E BAILE. Por confirmar.

Informar ademáis que este sábado ás 12:00h terá lugar no CC "Os Castros" unha proba de nivel para formar os grupos do curso de INGLÉS. Váise admitir a toda persoa interesada, simplemente se trata de dividir en niveis para que todo o alumnado rentabilize ao máximo as súas horas de clases.

En breve todos os socios e socias recibiredes nos vosos buzóns información sobre estes cursos e próximas actividades.

QUENTANDO PEDAIS PARA AS CITAS CICLISTAS

Esta pasada semana varios veciños e aficionados á bicicleta e á natureza estiveron percorrendo a ruta da próxima kedada BTT que terá lugar o domingo 09 de outubro.

A conclusión foi que, inda que se pode facer un pouquiño dura ao principio, a beleza natural e a diversión están aseguradas cun itinerario moi variado e que non deixa opción ao aburrimento.

Estes percorridos aproveitáronse para ir pechando a organización e ir definindo os lugares nos que se debe aumentar a precaución (cruces, pasos estreitos...) para que o día da marcha todo transcurra da mellor maneira e con absoluta tranquilidade e seguridade para os que nos queiran acompañar neste paseo.

Boa ruta!

lunes, 12 de septiembre de 2011

WIMAX EN PEREIRAS

Este próximo mércores 14 de setembro ás 21:00h haberá no CC "Os Castros" unha charla informativa sobre esta tecnoloxía e o proxecto que sobre ela se pretende desenvolver.

Wimax é un sistema de acceso a banda ancha usado principalmente en zonas rurais que permite o acceso a internet mediante a colocación de antenas cuns poucos kms de alcance.

Todas as persoas interesadas, actualmente ou nun futuro próximo, serán informadas sobre as características técnicas, formas de acceso e coste desta alternativa para ter internet na casa.

martes, 6 de septiembre de 2011

KEDADA CICLOTURISTA BTT

O próximo domingo 09 de outubro vaise celebrar en Pereiras (Mos) a primeira quedada BTT "Nosa Terra", na que percorreremos en bicicleta camiños e sendeiros da parroquia e arredores.

A distancia será de 30 KM cunha dificultade media/alta, con comezo ás 9:30h no CC "Os Castros". Os primeiros 6 km serán polo entorno máis próximo incluindo zonas da Santa Mariña e os muiños de Casalmorto, subindo despois cara as proximidades do "Mercantil", CUVI e parque forestal de Beade, onde terá lugar o avituallamento.
Finalizaremos cun rápido e técnico descenso por Cela ata chegar de novo ao Local Social.

Pedimos que todos os que se acheguen sexan maiores de 18 anos e veñan provistos de casco. Tamén agradecemos que realicedes unha preinscripción, enviando un mail á nosa dirección avvnosaterra@yahoo.es. Recibiredes confirmación e se vos asignará un número para o SORTEO DE REGALOS que se realizará ao final da ruta.

Todos os asistentes o farán pola súa conta e risco.

Calquera outra información ou dúbida que teñades podedes utilizar o apartado de comentarios de este blogue, chamar ao número 617 370 715 ou facelo a través do noso facebook.