Un ano máis tes a oportunidade de compartir música, baile, gastronomía, espectáculos e moito humor cos veciños de Pereiras e toda a comarca.
Despois do traballo e colaboracións da directiva, asociados, casas comerciais, institucións públicas e demáis persoas e organizacións chega a hora de gozar dunhas actividades que agardamos sexan do teu agrado e che permitan pasar uns agradables momentos de XUNTANZA.
Bótalle un ollo á programación. Ademáis o sábado teremos a presencia do monologuista Rodri de Pias. A pasalo ben!

No hay comentarios:
Publicar un comentario