A primeira semana de agosto trae a Pereiras tardes e noites de deportiva rivalidade.A reconstruida pista anexa ao CC "Os Castros" será a sede de todos os encontros.Os equipos de Casal e A Florida abren este luns o campionato.A Florida e Campo de Eiró competirán polo título feminino.Este xoves formalizouse o calendario do campionato de futbito por barrios que vai ter lugar dende o luns 1 ao venres 5 de este mes de agosto.
Cinco equipos masculinos e dous femininos compoñen os grupos que xogaran entre luns e xoves en modo liguilla para os homes e nunha final a ida e volta para as mulleres. O venres terán lugar as semifinais e final masculina.
Os horarios quedan da seguinte maneira. Bo xogo a todas e todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario