miércoles, 26 de octubre de 2011

PEREIRAS GOZOU DUNHA XORNADA DE BTT

O pasado 09 de outubro celebrouse a Iª Kedada BTT "Nosa Terra" polas terras e montes de Pereiras e arredores, tentando aproveitar as zonas todavía virxes de asfaltos e cementos.



Á chamada da Asociación acudiron máis de 400 ciclistas que desbordaron as previsións de participación, e que case ás dez da mañán saíron do CC "Os Castros" para percorrer a parte baixa da parroquia, voltar ao punto de saída e comenzar unha complicada subida ata os montes de Pereiras, Tameiga e Beade.


Os participantes fóron distribuindose según as súas forzas e habilidades co manillar e os pedais. Pouco a foron percorrendo prados, pistas, camiños, carreiros, pontes, palés e todo tipo de superficies, sendo unha das zonas de máis beleza a que se fixo coincidir coa ruta dos muiños da Salgueira.



A recompensa ao esforzo chegou co avituallamento, no que os sufridos e agerridos ciclistas aproveitaron para repoñer forzas, descansar ou realizar os necesarios exercicios de estiramento. Tampouco faltou quen pedía continuar de seguido para non coller frío.



Despois chegou o divertimento co rápido e entretido descenso para voltar ao Local Social.

Todos e todas que así o desexaron poideron darse unha ducha á chegada e aproveitar para limpar os rastros da ruta das súas bicicletas. A continuación sorteáronse unha serie de agasallos cedidos polos nosos patrocinadores.


Agradecemos a todos os voluntarios e voluntarias a súa participación, colaborando na elaboración da ruta, na organización dos participantes, avituallamento, cortes das estradas, asistencia técnica e médica, etc.


A boa sensación que deixou esta xornada fai esperar que se celebre unha segunda edición o próximo ano, no que esperamos contar novamente coa axuda de todos, ciclistas e veciños.

2 comentarios:

  1. Parecenme fenomenais estes actos deportivos...están xeniais...o que non me parece nada apropiado e que vos olvidades que tamen percorrestes os montes dos vosos veciños de Cela, é mais, aproveitando unha ruta de descenso que fixeron algúns rapaces...de Cela tamen. Grazas pola vosa deportividade, compañeiros.

    ResponderEliminar
  2. Eu implicado na organización pareceme un recoñecemento o traballo que eses rapaces hoxe xa non tan rapaces e que eu creo coñecer e como ven decia un recoñecemento o seu traballo daqueles domingos de levar un bocadillo e unha desbrozadora para facer ese descenso que empezou sendo pequeno e hoxe en dia e un bonito descenso polo tanto agradecemento a cela e a esa iniciativa que eles tiverón nese momento ojala ouvera mais novas seracions que tiveran ese tipo de iniciativas.Un saudo

    ResponderEliminar