martes, 7 de mayo de 2013

NOVA DIRECTIVA 2013-2014

PRESIDENTE: D. Marcos Alonso Tourón

VICEPRESIDENTE: D. David Alonso Álvarez

SECRETARIO: D. Juan José Silva Veiga

TESOUREIRO: D. Oscar Pérez Rodríguez

VOCAIS:

Nº 1: Dna. Vanessa Guisande González

Nº 2: D. Eloy Otero Fernández

Nº 3: D. David Fernández Guedes

Nº 4: D. José Manuel Moreno Blanco

Nº 5: D. Rogelio Pereiro Represas

Nº 6: D. Adolfo Álvarez Alonso

Nº 7: Dna. Verónica Bacelo Rodríguez

Nº 8: D. Juán Carlos Rivero González

Nº 9: Dna. Silvia Cuerdo Martínez

Nº 10: D. José Manuel Juste Oya

Nº 11: D. Esteban Dagraza Álvarez

miércoles, 17 de abril de 2013

II OPEN NOSA TERRA

No último mes, esquivando os 300 lts/m2 de choiva, 27 tenistas participaron en Pereiras no torneo mixto de tenis que resultou tamén con mixtos gañadores, Daniel Milego e Silvia González. Noraboa aos dous.



Para a competición elaborouse un cadro a eliminatoria directa dende os dezaseisavos de final. Os gañadores da primeira eliminatoria seguiron o seu camino no cadro de campións, mentres que os derrotados no primeiro encontro (por pouca sorte no sorteo, no partido ou en xeral) tiveron unha segunda oportunidade no cadro de Consolación.

Comezou o peloteo para os 27 participantes; e 24 partidos, 48 sets, 393 xogos, 3 tie-breaks e 7 supertie-breaks despois, Daniel Milego e Rafael Bastos plantáronse na final. Non houbo grandes sorpresas xa que eran dous dos grandes favoritos, inda que tamén Lucía Reche, Luis Ilarri, Marcos Parente ou Manuel Fernández fixeron méritos case suficientes como para chegar victoriosos ata o final.
Rafa Bastos mostrou unha vez máis que os seus partidos van por rachas, e desperdiciou un 4-0 a favor; baixóuselle a persiana e Daniel aproveitou para impoñerse tamén no segundo e neste caso definitivo set.

O cadro de consolación, que se xogou con eliminatorias ao gañador de 9 xogos, estivo formado case a partes iguais por “tenistas” locais e forasteiros, un promedio que tamén se cumpliu na final onde o local Gil e a forasteira Silvia se xogaban ser o mellor consolado; con victoria final da segunda cando o xogador local se tivo que retirar por unha lesión que non se presume importante pero que no momento lle impediu seguir loitando por un partido que ata entón levaba con resultado favorable.

Todo isto foi posible grazas á colaboración da Comunidade de Montes de Pereiras, a Asociación Nosa Terra e o patrocinio dos trofeos polo Concello de Mos.

 

Especial agradecemento ao organizador e xuiz-árbitro Roberto Riveiro polo seu ben facer na organización e por ter evitado lembranzas familiares por parte dos participantes.

Agardamos pola próxima edición, máis seca pero igual de exitosa.

viernes, 12 de abril de 2013

CURSOS 2012-2013


ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2013

Consonte reza nos artigos nº 24 e 25 dos Estatutos que rexen esta Asociación Veciñal e Cultural, a Xunta Directiva chama a todas as súas socias e a todos os seus socios a cooperar na ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar no salón do segundo andar do Centro Social e Cultural “OS CASTROS”, o vindeiro domingo 07 de abril de 2013, ás 10:00 horas en 1ª convocatoria, e ás 10:30 horas en 2ª convocatoria; coa seguinte

ORDE DO DÍA

I.                                Lectura e beneplácito, se procede, da acta anterior.
II.                             Memoria anual de actividades.
III.                           Informe de proxectos e obras realizadas.
IV.                          Balance económico, exposición, e, se procede, aprobación.
V.                            Propostas, se has hai, da Xunta Directiva.
VI.                          Propostas, se has hai, entregadas polas socias e/ou polos socios.
VII.                       Renovación parcial da Xunta Directiva: Presidenta/e, Secretaria/o, Vocais 1, 3, 5, 7, 9 e 11.
VIII.                     Peticións, recomendacións e preguntas.

§   A Asemblea celebrarase en 1ª convocatoria de atoparse presentes a metade máis un das/os socias/os, ou en 2ª convocatoria con calquera que sexa o número de asistentes (Art. nº28).

§   As socias/os poden presentar propostas por escrito para tratar no punto VI da orde do día, sempre que se fagan chegar (en papel ou dixitalmente) á Xunta Directiva cun mínimo de 5 días antes da Asemblea (Art. nº30).

§   Pódense igualmente presentar candidaturas para os cargos da Xunta Directiva a renovar incluídos no punto VII, por parte das socias/os cun ano de antigüidade e unha antelación de 10 días á Asemblea. De non presentarse candidaturas, todas e todos socias/os serán candidatas/os, estean ou non estean presentes (Art. nº19).

A Asemblea Xeral de Asociadas/os é o órgano de expresión de vontade da Asociación (art. 23), e os acordos adoptados nela obrigarán a toda a súa masa social, tamén aos/ás non asistentes (Art. nº30), polo que dende a Xunta Directiva recomendámosche que veñas, exercendo o teu dereito de asistir e participar (Art. 9), dada a importancia dos temas a tratar, e co fin de chegar a acordos coa máxima participación e  consenso.
 
Un cordial saúdo da actual Xunta Directiva.

Pereiras, a 05 de marzo de 2013

REUNIÓN CONCELLO MARZO 2013

Escrito presentado ao Concello de Mos;

A Asociación veciñal e cultural “Nosa Terra” de Pereiras transmítelle unha vez máis as necesidades e situacións a resolver na nosa localidade, competencia do seu Goberno Municipal e consecuencia directa da súa xestión.

 Recordámoslle así mesmo o seu compromiso verbal, adquirido na última reunión con esta Xunta Directiva o pasado ano 2012, de afrontar as pequenas necesidades que non precisaran partida presupuestaria específica así como o de engadir a localidade de Pereiras dentro da inmediata ampliación da rede de Saneamento.

A continuación describimos os principais puntos a atender (motivo da reunión solicitada para a data 12/03/2013), derivados de demandas veciñais, e solicitando información escrita do seu estado ou previsión de resolución;

1)      Estradas e camiños.
a)      Reparación do pavimento nos Camiños dos Santos Reis e Campo de Eiró.
b)      Reparación do pavimento no Quinteiro (Casal), ao lado do Oya.
c)      Restitución do muro derruído na estrada Quinteiro - A Furna.
d)     Muro derruído no Camiño do Polvora (Roublín), enriba da presa da Lama.
e)      Instalación de pivotes diante do edificio no Cristo de Belén.
f)       Intermediación para evitar o aparcamento de vehículos na beirarrúa diante do Colexio Santo Tomas (A Florida).
2)      Alumeado.
a)      Soterramento do tendido eléctrico anexo á estrada Pereiras-Tameiga, prioritariamente na zona do Torreiro.
3)      Sinalización e espellos.
a)      Instalación dos carteis de nomeamento dos camiños que faltan.
b)      Sinal de stop no cruce estrada pista San rafael e estrada A Florida-As Vides.
c)      Instalación de sinal de stop no cruce de As Vides (ao lado da panadería).
d)     Instalación de espello no cruce da estrada do Casal coa estrada de circunvalación do Quinteiro, xa que se trata dunha curva moi perigosa e con escasa visibilidade.
e)      Sinalización horizontal no largo do Campo de Eiró para aumentar a seguridade vial.
4)      Saneamento.
a)      Reparar o alcantarillado na zona anexa ao paso da autopista no barrio de Roublín xa que sufriu o seu afundimento.
b)      Realización e finalización do saneamento nas zonas de Sequeiros, Casal (dende a estrada Pereiras-Tameiga ata o Quinteiro) e As Vides.
5)      Fontes.
a)      Adecuación da fonte “Da Prova” en Campo de Eiró, e da fonte “Das Animas” en Casalmorto, xa que o seu continuo deterioro vai levar á desaparición das mesmas.
b)      Reparación da canalización na Fonte de Couso para resolver a súa falta de caudal.

6)      Patrimonio.

a)      Solución do tramo que se atopa delimitado no Sendeiro dos Muiños, apertura do camiño e devolución ao seu estado orixinario.
b)      Recuperación (acondicionamiento e limpeza) de todo o percorrido do Sendeiro dos Muiños da Salgueira, (segundo escritos de 12/04/2012 e 20/11/2012).
c)      Realización dunha nova Programación de Visitas aos Muiños da Salgueira.

7)      Lindes do Concello.

Solicitamos información sobre o proceso de definición dos LÍMITES TERRITORIAIS DO CONCELLO DE MOS (segundo escrito de 22/03/2012).

8)       Xerais concello.

a)      Engadir na páxina web do concello información visible referente ás Asociacións, añadindo contacto e/ou ligazón á páxina web e perfil Facebook da Avv. “Nosa Terra” de Pereiras.

Agardando sexan atendidas as nosas solicitudes, reciba un atento saúdo.

Pereiras, 05  de marzo de 2013.

A Xunta Directiva.

ARRE DEMO CO CEO


Chamando ás portas do ceo estaban os Gun´s n’ roses http://www.youtube.com/watch?v=2tmc8rJgxUI ... se cadra pasáballes como á carroza da Asociación “Nosa Terra”. Segundo rezaba, nunca mellor dito, parece que a porta non se podía abrir porque a chave a tiña o obispo ... cómica alegoría da realidade.

 
A Divina Comedia de Dante chegou a Pereiras en forma de cento e pico de anxos e demos que desfilaron polas rúas da comarca cando a santísima meteoroloxía  así o permitiu.

Fíxose eco a TVG do desfile en Tomiño (alá polo minuto 53) http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/especial-entroido-2013 e fixo eco do bo traballo o xurado de Bembrive que lle concedeu á nosa comparsa o terceiro posto... inda vista a gran competencia que existía.
 Que o bo humor non teña chaves. O próximo ano volvemos romper fechaduras.

O NOSO BOLETÍN 2013


A vida social de Pereiras en papel, un ano máis tedes dispoñible o noso anuario informativo, un total de 12 páxinas en escala de frises pero con historias e momentos a todo color. Se non o tes pídeo, tamén dispoñible versión en PDF, esta sí, a todo color.

Podes atopar:
Memoria de actividades
Información sobre cursos
Entrevistas aos presidentes do Grupo “Nosa Terra” e da Comunidade de Montes de Pereiras.
Relato dos acontecementos deportivos e outras iniciativas.
Obras e reivindicacións da Asociación
Listado de novos socios

E xa se sabe ... todo isto e MOITO MÁIS.