
Londres acolleu aos nosos veciños e veciñas con menor inclemencia meteorolóxica da esperada e así fíxose máis levadeira a apretada axenda para poder visitar os máis insignes e carismáticos emplazamentos da cidade dos neboeiros.

O percorrido continuou por mar e aire, cun minicruceiro polo Támesis e unhas
cantas voltas na noria London Eye, sen que se tivese lamentado ningún mareo por mal de alturas ou aquafobia.

E despois duns cantos restaurantes, pubs, rutas en metro, e de retratarse cos máis sinalados edificios e monumentos houbo que volver ao país de orixe. Según nos contan foi bo, moi bo, pero curto ... e xa se sabe ... o bo se breve... dúas veces bo, así que...
Congratulations!

No hay comentarios:
Publicar un comentario