PRESIDENTE: D. Marcos Alonso Tourón
VICEPRESIDENTE: D. David Alonso Álvarez
SECRETARIO: D. Juan José Silva Veiga
TESOUREIRO: D. Oscar Pérez Rodríguez
VOCAIS:
Nº 1: Dna. Vanessa Guisande González
Nº 2: D. Eloy Otero Fernández
Nº 3: D. David Fernández Guedes
Nº 4: D. José Manuel Moreno Blanco
Nº 5: D. Rogelio Pereiro Represas
Nº 6: D. Adolfo Álvarez Alonso
Nº 7: Dna. Verónica Bacelo Rodríguez
Nº 8: D. Juán Carlos Rivero González
Nº 9: Dna. Silvia Cuerdo Martínez
Nº 10: D. José Manuel Juste Oya
Nº 11: D. Esteban Dagraza Álvarez
martes, 7 de mayo de 2013
miércoles, 17 de abril de 2013
II OPEN NOSA TERRA
No último mes, esquivando os 300 lts/m2 de choiva, 27 tenistas participaron
en Pereiras no torneo mixto de tenis que resultou tamén con mixtos gañadores,
Daniel Milego e Silvia González. Noraboa aos dous.
Comezou o peloteo
para os 27 participantes; e 24 partidos, 48 sets, 393 xogos, 3 tie-breaks e 7
supertie-breaks despois, Daniel Milego e Rafael Bastos plantáronse na final.
Non houbo grandes sorpresas xa que eran dous dos grandes favoritos, inda que
tamén Lucía Reche, Luis Ilarri, Marcos Parente ou Manuel Fernández fixeron
méritos case suficientes como para chegar victoriosos ata o final.

Agardamos pola próxima edición, máis seca pero igual de exitosa.
Para a competición
elaborouse un cadro a eliminatoria directa dende os dezaseisavos de final. Os
gañadores da primeira eliminatoria seguiron o seu camino no cadro de campións,
mentres que os derrotados no primeiro encontro (por pouca sorte no sorteo, no
partido ou en xeral) tiveron unha segunda oportunidade no cadro de Consolación.
Comezou o peloteo
para os 27 participantes; e 24 partidos, 48 sets, 393 xogos, 3 tie-breaks e 7
supertie-breaks despois, Daniel Milego e Rafael Bastos plantáronse na final.
Non houbo grandes sorpresas xa que eran dous dos grandes favoritos, inda que
tamén Lucía Reche, Luis Ilarri, Marcos Parente ou Manuel Fernández fixeron
méritos case suficientes como para chegar victoriosos ata o final.
Rafa Bastos mostrou
unha vez máis que os seus partidos van por rachas, e desperdiciou un 4-0 a
favor; baixóuselle a persiana e Daniel aproveitou para impoñerse tamén no
segundo e neste caso definitivo set.
O cadro de
consolación, que se xogou con eliminatorias ao gañador de 9 xogos, estivo formado
case a partes iguais por “tenistas” locais e forasteiros, un promedio que tamén
se cumpliu na final onde o local Gil e a forasteira Silvia se xogaban ser o
mellor consolado; con victoria final da segunda cando o xogador local se tivo
que retirar por unha lesión que non se presume importante pero que no momento
lle impediu seguir loitando por un partido que ata entón levaba con resultado
favorable.
Todo isto foi
posible grazas á colaboración da Comunidade de Montes de Pereiras, a Asociación
Nosa Terra e o patrocinio dos trofeos polo Concello de Mos.

Especial
agradecemento ao organizador e xuiz-árbitro Roberto Riveiro polo seu ben facer
na organización e por ter evitado lembranzas familiares por parte dos
participantes.
viernes, 12 de abril de 2013
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2013
Consonte reza nos artigos nº 24 e
25 dos Estatutos que rexen esta Asociación Veciñal e Cultural, a Xunta
Directiva chama a todas as súas socias
e a todos os seus socios a cooperar na
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar no salón do segundo andar do Centro
Social e Cultural “OS CASTROS”, o vindeiro domingo
07 de abril de 2013, ás 10:00 horas en 1ª convocatoria,
e ás 10:30 horas en 2ª
convocatoria; coa seguinte
ORDE DO DÍA
I.
Lectura
e beneplácito, se procede, da acta anterior.
II.
Memoria
anual de actividades.
III.
Informe
de proxectos e obras realizadas.
IV.
Balance
económico, exposición, e, se procede, aprobación.
V.
Propostas,
se has hai, da Xunta Directiva.
VI.
Propostas,
se has hai, entregadas polas socias e/ou polos socios.
VII.
Renovación
parcial da Xunta Directiva: Presidenta/e, Secretaria/o, Vocais 1, 3, 5, 7, 9 e
11.
VIII.
Peticións,
recomendacións e preguntas.
§ A Asemblea celebrarase en 1ª
convocatoria de atoparse presentes a metade máis un das/os socias/os, ou en 2ª
convocatoria con calquera que sexa o número de asistentes (Art. nº28).
§ As socias/os poden presentar propostas por escrito para tratar no punto VI da orde do día,
sempre que se fagan chegar (en papel ou dixitalmente) á Xunta Directiva cun
mínimo de 5 días antes da Asemblea (Art. nº30).
§ Pódense igualmente presentar candidaturas para os cargos
da Xunta Directiva a renovar incluídos no punto VII, por parte das socias/os
cun ano de antigüidade e unha antelación de 10 días á Asemblea. De non
presentarse candidaturas, todas e todos socias/os
serán candidatas/os, estean ou non estean presentes (Art. nº19).
A Asemblea Xeral de Asociadas/os é o
órgano de expresión de vontade da Asociación (art. 23), e os acordos adoptados nela obrigarán
a toda a súa masa social, tamén aos/ás non asistentes (Art. nº30), polo que
dende a Xunta Directiva recomendámosche
que veñas, exercendo o teu dereito
de asistir e participar (Art. 9), dada a importancia dos temas a tratar, e
co fin de chegar a acordos coa máxima
participación e consenso.
Un cordial saúdo da actual Xunta
Directiva.
REUNIÓN CONCELLO MARZO 2013
Escrito presentado ao Concello de Mos;
A Asociación veciñal e cultural “Nosa Terra”
de Pereiras transmítelle unha vez máis as necesidades e situacións a resolver
na nosa localidade, competencia do seu Goberno Municipal e consecuencia directa
da súa xestión.
Recordámoslle así mesmo o seu compromiso
verbal, adquirido na última reunión con esta Xunta Directiva o pasado ano 2012,
de afrontar as pequenas necesidades que non precisaran partida presupuestaria
específica así como o de engadir a localidade de Pereiras dentro da inmediata
ampliación da rede de Saneamento.
A continuación describimos os principais puntos
a atender (motivo da reunión solicitada para a data 12/03/2013), derivados de
demandas veciñais, e solicitando información escrita do seu estado ou previsión
de resolución;
1) Estradas e camiños.
a) Reparación do
pavimento nos Camiños dos Santos Reis e Campo de Eiró.
b) Reparación do
pavimento no Quinteiro (Casal), ao lado do Oya.
c) Restitución do muro
derruído na estrada Quinteiro - A Furna.
d) Muro derruído no Camiño
do Polvora (Roublín), enriba da presa da Lama.
e) Instalación de
pivotes diante do edificio no Cristo de Belén.
f) Intermediación para
evitar o aparcamento de vehículos na beirarrúa diante do Colexio Santo Tomas (A
Florida).
2) Alumeado.
a) Soterramento do tendido
eléctrico anexo á estrada Pereiras-Tameiga, prioritariamente na zona do
Torreiro.
3) Sinalización e espellos.
a) Instalación dos carteis
de nomeamento dos camiños que faltan.
b) Sinal de stop no
cruce estrada pista San rafael e estrada A Florida-As Vides.
c) Instalación de
sinal de stop no cruce de As Vides (ao lado da panadería).
d) Instalación de
espello no cruce da estrada do Casal coa estrada de circunvalación do
Quinteiro, xa que se trata dunha curva moi perigosa e con escasa visibilidade.
e) Sinalización
horizontal no largo do Campo de Eiró para aumentar a seguridade vial.
4) Saneamento.
a) Reparar o
alcantarillado na zona anexa ao paso da autopista no barrio de Roublín xa que
sufriu o seu afundimento.
b) Realización e
finalización do saneamento nas zonas de Sequeiros, Casal (dende a estrada
Pereiras-Tameiga ata o Quinteiro) e As Vides.
5) Fontes.
a) Adecuación da fonte
“Da Prova” en Campo de Eiró, e da fonte “Das Animas” en Casalmorto, xa que o
seu continuo deterioro vai levar á desaparición das mesmas.
b) Reparación da
canalización na Fonte de Couso para resolver a súa falta de caudal.
6) Patrimonio.
a) Solución do tramo que
se atopa delimitado no Sendeiro dos Muiños, apertura do camiño e devolución ao
seu estado orixinario.
b) Recuperación
(acondicionamiento e limpeza) de todo o percorrido do Sendeiro dos Muiños da
Salgueira, (segundo escritos de 12/04/2012 e 20/11/2012).
c) Realización dunha
nova Programación de Visitas aos Muiños da Salgueira.
7) Lindes
do Concello.
Solicitamos información
sobre o proceso de definición dos LÍMITES TERRITORIAIS DO CONCELLO DE MOS (segundo
escrito de 22/03/2012).
8) Xerais concello.
a) Engadir na páxina
web do concello información visible referente ás Asociacións, añadindo contacto
e/ou ligazón á páxina web e perfil Facebook
da Avv. “Nosa Terra” de Pereiras.
Agardando sexan atendidas as nosas
solicitudes, reciba un atento saúdo.
Pereiras, 05
de marzo de 2013.
ARRE DEMO CO CEO
Chamando ás portas do ceo estaban os Gun´s
n’ roses http://www.youtube.com/watch?v=2tmc8rJgxUI
... se cadra pasáballes
como á carroza da Asociación “Nosa Terra”. Segundo rezaba, nunca mellor dito,
parece que a porta non se podía abrir porque a chave a tiña o obispo ... cómica
alegoría da realidade.
A Divina Comedia de Dante chegou a Pereiras
en forma de cento e pico de anxos e demos que desfilaron polas rúas da comarca
cando a santísima meteoroloxía así o
permitiu.
Fíxose eco a TVG do desfile en Tomiño (alá
polo minuto 53) http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/especial-entroido-2013
e fixo eco do bo
traballo o xurado de Bembrive que lle concedeu á nosa comparsa o terceiro
posto... inda vista a gran competencia que existía.
Que o bo humor non teña chaves. O próximo
ano volvemos romper fechaduras.
O NOSO BOLETÍN 2013
A vida social de Pereiras en papel,
un ano máis tedes dispoñible o noso anuario informativo, un total de 12 páxinas
en escala de frises pero con historias e momentos a todo color. Se non o tes
pídeo, tamén dispoñible versión en PDF, esta sí, a todo color.
Podes atopar:
Memoria de actividades
Información sobre cursos
Entrevistas aos presidentes do Grupo
“Nosa Terra” e da Comunidade de Montes de Pereiras.
Relato dos acontecementos deportivos
e outras iniciativas.
Obras e reivindicacións da Asociación
Listado de novos socios
ALEGACIÓNS PLAN XERAL DE MOS
Documento presentado ante o Concello;
AVV
“Nosa Terra” de Pereiras Comunidade
de Montes de Pereiras
Pereiras (Mos), a 07 de Xaneiro de 2013.
D. Orindo Táboas
Giráldez e D. Carlos Sánchez Bastos, nos seus cargos de Presidente, e en
respectiva representación das Organizacións arriba expostas;
EXPOÑEN:
- Que ambas Organizacións teñen entre as súas funcións transmitir as inquedanzas e solicitudes dos veciños e veciñas da localidade ante as institucións pertinentes, así como defender os seus dereitos sociais e comunais.
- Que estando o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mos en fase de exposición pública, foi o mesmo estudado e analizado por ambas partes.
- Que dentro da localidade de Pereiras se definiron os seguintes núcelos rurais:
N.R.06.01 ROUBLÍN NORTE
N.R.06.02 ROUBLÍN SUR
N.R.06.03 CASALMORTO
N.R.06.04 PAZOS
N.R.06.05 CASAL
N.R.06.06 FONTES
N.R.06.07 A FLORIDA
N.R.06.08 AS VIDES
N.R. XÁNDARA
- Que a Localidade de Pereiras, así como o resto do concello, corresponde a un entorno rural con tradición de vivendas unifamiliares dotadas de terreo particular, e onde a actividade agropecuaria como forma de substento ten carácter residual.
- Que as delimitacións definidas para os núcleos rurais non van permitir o desenrolo demográfico da localidade nin o aproveitamento do terreo como tradicionalmente e en base a costume se ten feito, xerando emigración local e desarraigo.
- Que os servizos básicos se desenrolaron ao longo da localidade entorno ás principais estradas e vías de comunicación.
- Que o acondicionamento e capacidade das vías de comunicación van influir directamente no desenrolo, habitabilidade e seguridade na localidade para a veciñanza.
- Que existen zonas que polo seu uso habitual e por costume, deben ser consideradas como protexidas e de uso veciñal.
Por todo isto, e
estando o proceso en prazo aberto a alegacións, presentan as seguintes
ALEGACIÓNS;
1.
Que sexa ampliada a superficie en núcleo rural, en detrimento de superficie
e alturas en núcleo urbano.
2.
Que sexan ampliados os seguintes núcleos rurais, según se indica, en base a o
seguinte;
a.
Son zonas inmediatamente anexas a
núcleos rurais existentes.
b.
A súa exclusión crea xeometrías
innaturais, que non se corresponden cun desenvolvemento natural da
habitabilidade.
c.
A súa exclusión crea
discriminacións entre terreos cos mesmos servizos e condicións.
d.
Son zonas que teñen acceso directo
a unha vía principal e aos servizos básicos existentes ou proxectados (auga,
luz, saneamento...)
e.
Non debe ser considerada afección
algunha debido á natureza e características do terreo e accidentes xeográficos
considerados.
·
N.R.0.1-ROUBLÍN NORTE: ampliación
ata o núcleo de poboación existente ao leste e que non foi considerado.
·
N.R.06.02-ROUBLÍN SUR: ampliación
ás fincas cortadas nos lados oeste e leste. Ampliación cara o sur ,as fincas
anexas ás estradas, sendo esta a zona natural de expansión do núcleo, e a área
forestal existente non consolidada.
·
N.R.06.03-CASALMORTO: ampliación
cara o norte e sur de todas as fincas
lindantes coa estrada principal da localidade Pereiras-Tameiga. Ampliación cara
o leste as fincas tamén lindantes coa estrada existentes.
·
N.R.06.04-PAZOS: ampliación na
zona surleste nas fincas lindantes coa estrada de Pazos, unindo a zona co
núcleode poboación existente non considerado.
·
N.R.06.05-CASAL: ampliación da
zona suroeste, anexa ao núcleo H-T e ao núcleo común 2, nas fincas anexas á
estrada principal de Soutelo e circundante.
·
N.R.06.06-FONTES: ampliación cara
o norte, nas fincas anexas á estrada principal, zona de crecemento natural do
núcleo.
·
N.R.06.07-A FLORIDA: ampliación
cara o oeste, anexa á estrada PO-331 e comezo da estrada Atín-Igrexa de
Pereiras.
·
N.R.06.08-AS VIDES: ampliación na
zona oeste, nas fincas lindantes coa estrada. Ampliación na zona norleste,
permitindo o crecemento cara o N.R. Agueiro. Ampliación na cara leste,
disminuindo a área de protección hidráulica, en virtude da capacidade e caudal
do acuifero existente, e do desnivel dende o mesmo ás zonas consideradas como
afectadas.
·
N.R. - XÁNDARA: ampliación cara o oeste ata a
estrada Atín-Igrexa de Pereiras. Ampliación da franxa este a ambos lados da
vía.
3.
Que sexa declarada zona protexida, a situada entre as zonas xa protexidas
daIigrexa Parroquial e o Centro Cultural, dentro do N.R-Pazos; por ser terreo
usado tradicionalmente e por costume para uso social común por todas as veciñas
e veciños, debendo considerarse como sistema local de espazo libre.
4.
Que sexa incluido o documento do N.R-Xándara dentro dos pertencentes á
localidade de Pereiras, e sexa sustituida a denominación por Gándara.
5.
Que as principais vías da localidade esteán proxectadas
para un ancho de 10 metros ,
previndo a construción de arcéns e/ou beirarrúas, incluindo:
·
Atín-Igrexa-Tameiga.
·
Igrexa-Cristo de Belén.
·
Casal-Candosa.
·
Pazos-Vides.
·
Campo de Eiró-A Florida.
6.
Que sexa declarado de protección do patrimonio o Sendeiro dos
Muíños da Salgueira na súa totalidade, dende os lindes coa localidade de Cela
ata os lindes coa localidade de Sanguiñeda.
Solicitando sexan
atendidas e consideradas en base a lei, e para que así conste firman a
presente;
MAL NÚMERO SI NO CRECE
... así que medrará e seguramente,
antes de medrar, irá moi ben así que decidimos recibilo da mellor maneira,
festa, baile, boa música, cotillón, sidra, chocolate, amigos e veciños.
Dj Juan Joomas puxo a animación
musical por segundo ano consecutivo. Despois de cuartos e uvas entre a familia,
amigos ou seres queridos, moita xente se acercou ao Centro Cultural “Os
Castros” para continuar cunha noite que unhas veces queda para o recordo e
outras “de nada me acordo”.
BO 2013!
CULTURAL: RELATIVO OU PERTENCENTE Á CULTURA
Dende finais do mes de novembro ata case
final de ano, celebrouse, nun total de 8 días, unha nova Programación que dende
hai uns anos vense en chamar TERRA CULTURAL.
Todo comezou coa non tan inocente visión do
Nadal por parte dos máis pequenos que imaxinaron os máis variados reis, papa
noeis ou árbores de Nadal.
Ao
longo dos días pudemos disfrutrar de grandes cantantes, pero sobre todo de
grandes voces. O Grupo vocal Sta. Eulalia sorprendeu pola súa aposta como “unha
coral moderna”, Ollos Pretos fixo unha emocionada interpretación de non só
música e deixóunos a certeza de que nos van dar grandes momentos no futuro, e
coa dúbida de saber máis do gaiteiro de Soutelo.
E o gran colofón vocal viu da man do Crooner
Alberto Cunha. Este artista, ainda que con xa prolongada carreira, novo para
moitos, sorprendeu co seu impecable timbre e as imitacións que facían ao
público ver de reollo a ver se o noso dj estaba metendo un CD ou realmente era
a voz de Alberto en directo a que estaba sonando.
Máis música nos trouxeron os portugueses
Teimosos de Monçao, cunha mezcla de corda, vento e voz, e pecharon o sábado OS
Chavellos, un grupo nado aqui pero do que tememos que o noso escenario xa se
lle estea ficando pequeno; non pola cantidade senón pola calidade.
O grupo Bambalina deunos mostras de bo
baile, e A Moura de Chain lembrounos cando por aquí tamén eramos teatreiros.
Toda esta ristra de actos completouse con
outras actividades máis ou menos activas, como a ruta de sendeirismo que fixo
fronte á choiva, o puntual torneo de chave ou as sempre reñidas e roñosas
partidas de tute e brisca (ou birisca).
Noraboa aos gañadores e gañadoras:
Tute gañadores: Poli e David.
Tute outros gañadores: Suso
Pereiro e Juan Silva.
Brisca: Alicia e Amelia.
Chave: Miguel Pereiro e Diego Ucha.
2ª KEDADA BTT NOSA TERRA
Despois do éxito do ano pasado, celebrouse en Pereiras a II Kedada BTT, ou
Bicicleta Todo Terreno (derivado do francés Vélo Tout Terrain (VTT).
O 18 de novembro demostrouse que esta
especialidade deportiva segue collendo afección e coñecemento en Pereiras. Máis
de 700 rodas pudéronse ver polas nosas estradas e camiños. Unha serpe
multicolor aproveitada por moitos para coñecer e desfrutar do noso entorno .
Coa colaboración de moitos veciños,
agrupacións e casas comerciais organizouse un evento que é o que máis
forasteiros trae ata a nosa terra e que fomenta a vida sana e saudable. POLO SAN MARTIÑO, CASTAÑAS E VIÑO
O Sábado 10 de
novembro, véspera de San Martiño, celebramos o noso magosto popular.
Despois dun
minucioso triscado das castañas,mándáronse ao lume.
O certame de
corais contou como invitados con Helios de Bembrive, aos que lles costou recoñecerse
nos dípticos nada críticos do certame. Esta, unha coral que foi fundada xa por
primeira vez no 1928, e que participou, xa máis recentemente, na grabación dun
CD e actuacións internacionais e mediáticas televisivas na teuvegá.
SAN RAFAEL – ROUBLÍN
Este ano houbo final inédita no VI Torneo de Futbito por
barrios, e así o destacamos. O de Roublín foi a consumación dunha melloría que
xa se tiña observado o ano pasado, mentres que os do “barrio” xa son habituais
entre os mellores.
Un total de 6 barrios no masculino e 2 equipas no feminino
volvéronse a bater durante 2 semanas, nas que os estivais solpores trouxeron
duelos entre os darriba e os dabaixo, os daquí e os dalá.
Competido como debe ser pero dende a deportividade, quedaron
contas pendentes para a próxima edición, e goles...
30 ANOS NON SON NADA
Unha edición sinalada, a TRIXÉSIMA.
Antes no
entorno da Capela da Santa Mariña e agora ao arredor da casa común, os veciños
e veciñas de Pereiras seguen reuníndose para a celebración da Festa da
Xuntanza.

Os Charamujas de Guizán encargáronse de
comezar a festa, tirando coñecidas repichocas, e o baile galego puxéronno os
nosos Nosa Terra e os case veciños Santa Eulalia.
Houbo xantar popular e pola tarde os
pequechos de Nosa Terra de Pereiras, Os Chaneiros de Marín e Axouxeres de Moaña
déronlle a muiñeiras, xotas e algunha máis. Houbo poxa como nas mellores festas
e houbo humorista como nos mellores escenarios, cunha escaleira e a ollo
botoulle medidas a todo aquel que se atreveu a acercarse.
Sardiñas, pementos,
tortilla, orella ... foron convintemente desgustados ... e a festa rematou con
baile improvisado e variedade de estilos, que na variedade está o gusto, e a
oportunidade do que pouco sabe.
ARDE PARÍS, E PEREIRAS
Volveron a arder en Pereiras as malas lembranzas e vellas trapalladas. A Asociación participou da tradición de facer borrón e conta nova, espantar meigas e males de ollo e de paso facer da noite máis curta do ano a máis luminosa.
O sábado 23 as sardiñas asaron ao lume, as Lagharteiras e o grupo de gaitas Nosa Terra subiron ao escenario e a gran cacharela púxonos as fazulas rubias. Non era vergoña, era fachenda da nosa tradición. Carros e portais permaneceron firmes.
VISITA AOS IMPOSTORES
Oscar Pereiro impostor, Pili Pampín impostora, Lito da Panorama
impostor ...
todos eles foron visitados por os veciños de Pereiras que acudiron á grabación do programa o Clan dos impostores o pasado 20 de xuño.
todos eles foron visitados por os veciños de Pereiras que acudiron á grabación do programa o Clan dos impostores o pasado 20 de xuño.
O público de Pereiras disfrutou da televisión dende fora do
sofá, ás instruccións do rexidor e ao calor dos focos.
Porque outro punto de vista é posible...
UNHA CHEA DE NAIS
A asociación celebrou o día da Nai, que
conxuntamente con Hungría, Lituania, Rumanía, Sudáfrica e os veciños
Portugueses, este ano caía por aquí en domingo 6 de maio.
Para que cada quen amosase as súas dotes
literarias inspiradas en quen lle deu a vida organizouse un certame de
Dedicatorias.
En paralelo pensouse noutro pracer, o das
doces sobremesas. Un escollido xurado premiou a orixinalidade, sabor e
presentación das larpeiradas e deixouse constancia de que os nosos veciños e
veciñas andan sobrados de dotes nos fogóns.
A música viu a cargo das Corais Polifónicas
A Forna de Budiño e Nosa Terra de Pereiras.
Chocolate, poesía e corais, una sentida
versión do afamado sexo, drogas e rock & roll.
REUNIÓN CONCELLO DE MOS - MAIO 2012
Escrito dirixido á Alcaldesa do Concello de Mos;
A Asociación veciñal e cultural “Nosa Terra” de Pereiras,
dentro da súa función de transmitir as necesidades da parroquia e as
inquedanzas dos seus veciños/as ás institucións locais, fai entrega do presente
escrito para que sexan considerados, e se tomen as medidas oportunas, para a
resolución dos temas que se enuncian.
Queremos resaltar que gran parte das demandas xa foron
comunicadas durante os últimos 4 anos en diferentes reunións e escritos sen ter
sido solucionadas nin producirse informacións sobre as xestións realizadas.
A continuación relátanse todas as necesidades diferenciadas por
áreas para que sexan transmitidas aos diferentes responsables do Goberno
Municipal, resaltando ao final as necesidades máis urxentes así como as que
solicitamos sexan incluidas con partidas específicas no orzamento a aprobar
para o próximo exercicio.
Pereiras, 25 de outubro
de 2011.
A Xunta Directiva.
1) Estradas e
camiños.
a) Restitución do
muro derruído na estrada Quinteiro - A Furna.
b) Camiño do
Polvora (Roublín), enriba da presa da Lama. Muro derruido.
c) Retirada de
muro na estrada Campo de Eiró - As Vides (fronte a casa de Suso Romero) debido
a súa perigosidade cara a circulación vial. Na actualidade atópase ocupando
parte da vía asfaltada.
d) Proceder ao
deslinde do camiño A Furna - Albán.
e) Muro dunha casa
que ocasiona perigro, en frente da casa de Carlos Bastos, estrada Campo de
Eiró-Cristo de Belén.
f) Instalar
pilotes diante do edificio no Cristo de Belén.
g) Asfaltado
estrada Foxes, antiguo aserradeiro.
h) Humanización
(realizar beirarrúas ou beiravías delimitadas) na estrada A Crus - Colexio Atín
- Estrada O Porriño Gondomar.
i) Maior control
da obra Pereiras-Tameiga, demasiadas molestias por movementos de terras,
afección de cableado público, etc.
j) Diante do
Colexio Santo Tomas os coches aparcan enriba da acera ocasionando perigo por
falta de visibilidade.
2) Alumeado.
a) Non hai aportacións.
3) Sinalización e
espellos.
a) Sinal de stop
no cruce estrada pista San rafael e estrada A Florida-As Vides.
b) Instalación de
sinal de stop no cruce de As Vides (ao lado da panadería), que foi derribado
hai algún tempo.
c) Instalación de
espello no cruce da estrada do Casal coa estrada de circunvalación do
Quinteiro, xa que se trata dunha curva moi perigosa e con escasa visibilidade.
4) Saneamento.
a) Reparar o
alcantarillado na zona anexa ao paso da autopista no barrio de Roublín xa que
sufriu o seu afundimento.
b) Conexión á rede
xeral do alcantarillado instalado en Roublín.
c) Inclusión na
previsión de alcantarillado das zonas da parroquia ainda carentes de
saneamento.
5) Canalizacións.
a) Canalización de
augas na estrada Campo de Eiró - Cristo de Belén (fronte a casa de Marcial), xa que a auga da
choiva baixa pola estrada, e ao final da recta entra directamente nos terreos
da casa.
b) Instalar
arquetas no lavadoiro da Crus.
c) Na Mouta
(Casal), entrada casa Manuel Villar, cambiar tubería.
6) Fontes.
a) Adecuación,
como se fixo coa fonte de Couso, da fonte “Da Prova” en Campo de Eiró, e da
fonte “Das Animas” en Casalmorto, xa que o seu continuo deterioro vai levar á
desaparición das mesmas.
b) Fonte de A
Furna. Traslado ao lado do camiño, quedando nun lugar público e con mellor
accesibilidade, e canalización da auga que anteriormente ía ao río que
actualmente se atopa canalizado.
7) Recollida de
basura.
a) Remplazar
contenedores no cruce de Carola, Campo de Eiró, onde a marquesina.
8) Medio ambiente.
a) Limpeza de
maleza en finca anexa á estrada do Cristo de Belén (fronte a casa de Marcial).
b) Habilitar un
control, en conxunto coa Consellería de Medio Ambiente, para a inspección de
verquidos contaminantes sobre o os acuíferos existentes e todo o medio en
xeral, procedentes de lavadoras, fregadoiros, piscinas con auga clorada, etc.
9) Centro Cultural
“Os Castros”.
a) Aportar algunha
achega para a eliminación de barreiras arquitectónicas no Centro Cultural Os
Castros, para a instalación dun ascensor e a construcción de ramplas.
b) Aportar algunha
achega para mobiliario co fin de comezar a utilizar as zonas acondicionadas na
planta superior.
c) Axuda para a
compra dun proyector para realización de actividades audiovisuais.
d) Axuda para a
construcción dunha estructura cuberta na zona traseira do Centro Cultural.
10) Emprego.
a) Información
sobre medidas tomadas.
b) Publicación de
ofertas nos centros sociais.
c) Posibilidade de
crear un obradoiro a través da asociación.
11) Deporte.
a) Programar
algunha actividade, campionato ou curso para realizar na pista polideportiva
anexa ao Centro Cultural.
12) Outros.
a) Recuperación do
terreo da Carballeira de Casalmorto, antigo Campo da Feira. Habilitalo como
espazo de paseo e convivencia para os veciños. Limpeza, instalacións de bancos,
etc.
b) Recuperación de
sendeiro e canalizacións en toda a ruta dos Muiños.
13) Xerais
concello.
a) Incluir na
páxina web do concello información referente á Asociación: contacto,
actividades, formularios de inscripción, etc.
b) Fomentar a
interacción entre as diferentes asociacións culturais e veciñais do municipio;
fomentar a mobilidade na realización de actos, cursos...
RESUMO NECESIDADES PRIORITARIAS.
ACCIÓNS PRIORITARIAS XA SOLICITADAS QUE TEÑEN CARACTER URXENTE:
• Restitución do
muro derruído na estrada Quinteiro - A Furna.
• Reparar o
alcantarillado na zona anexa ao paso da autopista no barrio de Roublín xa que
sufriu o seu afundimento.
• Saneamento dende
estrada Pereiras-Tameiga ata o Quinteiro.
ACCIÓNS PRIORITARIAS CON NECESIDADE DE RESERVA ORZAMENTARIA
PARA O PRÓXIMO EXERCICIO:
• Humanización
(realizar beirarúas ou beiravías delimitadas) na estrada A Crus – Colexio Atín
- Estrada Gondomar O Porriño.
• Aportar achega
para a eliminación de barreiras arquitectónicas no Centro Cultural Os Castros,
para a instalación dun ascensor e a construcción de ramplas.
• Instalación de
alcantarillado nas zonas da parroquia ainda carentes de saneamento.
ACCIÓNS CON CARACTER XERAL:
• Maior consulta e
participación dos veciños/as e a asociación nas accións municipais.
• Convocatoria e
recepción de ideas previas a calquera obra.
• Realización de
reunións reservadas a aqueles que poidan aportar ou teñan coñecementos sobre o
traballo a realizar.
• Exposición pública
no Centro Cultural de planos, proxectos, etc, para comentarios e propostas.
• Recollida de
documentación, fotos, etc, no caso de tratarse de reformas de elementos
históricos; fontes, muíños, ...
• Información
sobre as resolucións nas convocatorias de achegas.
Enganche alcantarillado, roublín-autopista.
Alcantarillado Xaberja-Raña boa.
Alcantarillado de casalmorto ao quinteiro.
Estrada cristo de belén-campo de eiró.
Restitución do muro derruído na estrada Quinteiro - A Furna.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















