miércoles, 28 de enero de 2009

ENTROIDO 2009

BENVIDOS AO ENTROIDO 09!!

Este ano á AVV “Nosa Terra” ten preparada unha gran festa no CC “Os Castros” para o próximo 21 de febreiro, SÁBADO DE ENTROIDO.

Para empezar a noite celebraremos unha suculenta cea á que podedes asistir anotándovos antes do 15 de febreiro por un módico prezo de 20 € para o socio e acompañante , e 30€ se inda non sodes socios.
Durante a cea farase un sorteo de regalos polo que debedes lembrarvos de traer a invitación para poder participar.

Este será o menú, servido por Jorge Lorenzo. Podedes anotarvos á cea a través da nosa web, por teléfono (638988710) ou no mesmo CC “Os Castros”.



MENÚ DA CEA
Canapés variados
Empanada de xamón iorque e queixo
--------
Lacón, cacheira, costela
e chourizos con grelos
----------
Orellas de Entroido
Queique
----------
Branco condado
Mencia Reitoral de Amandi
Augas e refrescos
-----------
Licores e cafés


Ao remate da cea, sobre a unha da mañá, comezaremos un baile de disfraces para todos, tanto se asististes á cea como se non. O baile estará animado polo DÚO IRIS e por un magnífico DJ local.

Animarvos a todos a vir disfrazados e a gozar do Entroido en Pereiras.

Reunión novo goberno de Mos

Durante o presente mes a Xunta Directiva da AVV “Nosa Terra” reuniuse coa alcaldesa e concelleiros pertencentes ao novo goberno do concello de Mos.

Neste encontro transmitíronselles as principais necesidades da parroquia, entregando un documento de 7 páxinas no que figuran demandas sobre estradas e camiños, alumeado, sinalización e espellos, saneamento, canalizacións, fontes, medio ambiente, CC “Os Castros” e outros.

Dende o goberno comprometéronse a facer fronte á maior parte das demandas. Dende a AVV faremos seguimento para que así sexa, para o que solicitamos tamén a colaboración de todos os socios e veciños; que nos sigan comunicando todas as necesidades que aprecien na nosa parroquia.


Un saúdo.

A Xunta Directiva.

sábado, 10 de enero de 2009

COMPARSA DE ENTROIDO (II)

CONVÓCASE UNA NOVA REUNIÓN PARA ESTE DOMINGO DÍA 11 ÁS 12:30H.

martes, 6 de enero de 2009

COMPARSA DE ENTROIDO

Lembrade que este próximo venres 09 de xaneiro estades todos convocados, socios e demáis veciños, para tratar a creación dunha COMPARSA PARA O ENTROIDO.

Os interesados acudide ao CC Os Castros ás 22:30h, ou enviade recado por outra persoa para saber cantos seremos.

Prégase puntualidade e que veñades con ideas para ir comezando o traballo, que non será moito en comparación coa festa que nos espera!!