lunes, 2 de mayo de 2011

ASAMBLEA XERAL

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

De acordo cos artigos nº 24 e 25 dos Estatutos que regulan esta Asociación Veciñal e Cultural, a Xunta Directiva convoca a todos os socios a participar na Asamblea Xeral Ordinaria que terá lugar, no salón da planta baixa do Centro Social e Cultural “OS CASTROS”, o vindeiro domingo 8 de maio de 2011, ás 11:00 horas en 1ª convocatoria, e ás 11:30 horas en 2ª convocatoria; coa seguinte

ORDE DO DÍA

Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
Memoria anual de actividades.
Informe de proxectos e obras realizadas.
Balance económico, e aprobación, se procede.
Propostas da Xunta Directiva.
Propostas entregadas polos socios.
Renovación parcial da Xunta Directiva: Presidente/a, Secretario/a ( 2 anos), Tesorero/a (1 ano), e Vocais 1º, 3º, 5º, 7º, 9º, 11º (2 anos).
Rogos e preguntas.

§ Esta Asamblea celebrarase en 1ª convocatoria de atoparse presentes a metade máis un dos socios, ou en 2ª convocatoria con calquera que sexa o número de asistentes (Art. nº28).

§ Os socios/as poden presentar por escrito propostas para tratar no punto VI da orde do día, sempre que se entreguen á Xunta Directiva cun mínimo de 5 días antes da Asamblea (Art. nº30).

§ Pódense presentar candidaturas para os cargos da Xunta Directiva a renovar, incluídos no punto VII, por parte dos socios/as cun mínimo de un ano de antigüidade e unha antelación de 10 días á Asamblea (Art. nº17 e 19).

A Asamblea Xeral de Asociados/as é o órgano de expresión de vontade da Asociación (art. 23), e os acordos adoptados nela obrigarán a todos os/as asociados/as, incluso aos/ás non asistentes (Art. nº30), polo que dende a Xunta Directiva solicitase a asistencia de todos os/as socios/as, exercendo o seu dereito de asistir (Art. 9), dada a importancia dos temas a tratar, e co fin de chegar a acordos coa máxima participación e consenso.


Un cordial saúdo da Xunta Directiva.