viernes, 5 de agosto de 2011

A CHOIVA MANTEN A EMOCIÓN NO TORNEO DE FUTBITO

O mesmo verán atípico que xa trastocou os plans de sol e praia de moitos veciños, obrigou onte tamén a modificar o calendario do torneo de futbito. A choiva chegou á recen inagurada pista polideportiva e ante os riscos para a seguridade e saúde de xogadoras e xogadores decidiuse aprazar os encontros pendentes para a próxima semana.

O partido feminino que decidirá as gañadoras do campionato xogarase o luns 8 ás 21:30h, mentres que a clasificación para as semifinais masculinas seguirá en incertidume ata que, tamén o luns, ás 22:30h se xogue o Casal-San Rafael. O martes, nos mesmos horarios que estaban previstos, xogaranse as semifinais, 3º e 4º posto (a penaltis) e a final.

Resultados, clasificación e situación de cada equipo antes do último partido da liguilla:

San Rafael: ten asegurada a primeira plaza e o luns pode facer pleno de victorias e asegurarse os premios de máximos goleadores e menores encaixadores.

A Florida: vai xogar a segunda semifinal do martes, só lle resta saber se o fará como 2º clasificado ou como 3º.

Campo de Eiró: a notable remontada in-extemis no último partido aseguroulle a clasificación. Pode facelo como 3º se perde Casal ou como 4º se Casal puntua no seu último partido.

Roublín: a súa única victoria, pola mínima, frente Casal, obrígalles a esperar a derrota destes para clasificarse como cuartos, xa que incluso un hipotético triple empate con Casal e Campo de Eiró os deixaría fora por un único gol de menos nos emfrontamentos directos.

Casal: dependen deles mesmos. Teñen na man o 2º posto (cunha victoria), o 3º (cun empate) e o 5º (cunha derrota).

martes, 2 de agosto de 2011

A SEMANA DE FUTBITO CHEGA AO SEU ECUADOR

Despois de dous días de competición empézanse a definir as clasificacións, que quedarán definitivamente configuradas este xoves. O venres xogaranse as semifinais e finais do torneo masculino.

No apartado feminino, onte martes disputouse o encontro de ida entre Campo de Eiró e A Florida, ambos equipos apropiadamente reforzados por outras xogadoras da parroquia. O combinado da Florida ten a misión de remontar 2 goles na volta que se xogará o xoves se quere levarse a victoria no torneo.

San Rafael perfílanse como o equipo a batir no apartado masculino despois de contar os seus 2 primeiros encontros por victorias, sendo A Florida e Roublín os que máis posibilidades parecen ter de facerlles fronte. Campo de Eiró e Casal terán que loitar por evitar a última praza, que os apartaría das semifinais.

Lembramos que en caso de empate a puntos, a orde para resolvelos será: 1º resultado/s entre os equipos implicados, 2º diferencia de goles global, 3º máis goles marcados, 4º menos faltas acumulativas cometidas, 5º moeda de curso legal ao aire.

Con 2 partidos disputados por cada equipo así está a clasificación masculina provisional. Boa sorte a todas e todos.