miércoles, 29 de junio de 2011

LUME EN PEREIRAS



A pasada noite de San Xoán todos os males do ano arderon á beira do noso Centro Cultural.


Numerosas persoas acudiron á cita meiga a gozar da luz na noite, e a saborear o viño e as sardiñas que ofrecía a Asociación.





A devoción polo peixe prateado fixo que por momentos se producisen colas e que as brasas non foran rápidas abondo para dorar todas as sardiñas que se solicitaban.






O compricado traballo de montaxe, prendido e control da fogueira consegui que o lume lucira pero non queimara.

ESTA FIN DE SEMANA ... XUNTANZA!!

A Avv Nosa Terra alegrarase de contar coa túa presencia para compartir os actos que terán lugar os próximos 2 e 3 de xullo nos arredores do CC "Os Castros".

Un ano máis tes a oportunidade de compartir música, baile, gastronomía, espectáculos e moito humor cos veciños de Pereiras e toda a comarca.


Despois do traballo e colaboracións da directiva, asociados, casas comerciais, institucións públicas e demáis persoas e organizacións chega a hora de gozar dunhas actividades que agardamos sexan do teu agrado e che permitan pasar uns agradables momentos de XUNTANZA.

Bótalle un ollo á programación. Ademáis o sábado teremos a presencia do monologuista Rodri de Pias. A pasalo ben!