jueves, 27 de octubre de 2011

REUNIÓN CO GOBERNO MUNICIPAL

Este pasado martes tivo lugar unha reunión entre a Xunta Directiva da asociación e os concelleiros e concelleiras que forman o goberno local de Mos.

Nela tratáronse os temas máis urxentes dos que precisa a parroquia así como os novos proxectos a incluir nos vindeiros orzamentos.


Aquí vos deixamos o escrito que se lles transmitiu coas demandas da asociación e veciños e veciñas:



A Asociación veciñal e cultural “Nosa Terra” de Pereiras, dentro da súa función de transmitir as necesidades da parroquia e as inquedanzas dos seus veciños/as ás institucións locais, fai entrega do presente escrito para que sexan considerados, e se tomen as medidas oportunas, para a resolución dos temas que se enuncian.

Queremos resaltar que gran parte das demandas xa foron comunicadas durante os últimos 4 anos en diferentes reunións e escritos sen ter sido solucionadas nin producirse informacións sobre as xestións realizadas.

A continuación relátanse todas as necesidades diferenciadas por áreas para que sexan transmitidas aos diferentes responsables do Goberno Municipal, resaltando ao final as necesidades máis urxentes así como as que solicitamos sexan incluidas con partidas específicas no orzamento a aprobar para o próximo exercicio.

Pereiras, 25 de outubro de 2011.

A Xunta Directiva.


1) Estradas e camiños.

a) Restitución do muro derruído na estrada Quinteiro - A Furna.
b) Camiño do Polvora (Roublín), enriba da presa da Lama. Muro derruido.
c) Retirada de muro na estrada Campo de Eiró - As Vides (fronte a casa de Suso Romero) debido a súa perigosidade cara a circulación vial. Na actualidade atópase ocupando parte da vía asfaltada.
d) Proceder ao deslinde do camiño A Furna - Albán.
e) Muro dunha casa que ocasiona perigro, en frente da casa de Carlos Bastos, estrada Campo de Eiró-Cristo de Belén.
f) Instalar pilotes diante do edificio no Cristo de Belén.
g) Asfaltado estrada Foxes, antiguo aserradeiro.
h) Humanización (realizar beirarrúas ou beiravías delimitadas) na estrada A Crus - Colexio Atín - Estrada O Porriño Gondomar.
i) Maior control da obra Pereiras-Tameiga, demasiadas molestias por movementos de terras, afección de cableado público, etc.
j) Diante do Colexio Santo Tomas os coches aparcan enriba da acera ocasionando perigo por falta de visibilidade.

2) Alumeado.

a) Non hai aportacións.

3) Sinalización e espellos.

a) Sinal de stop no cruce estrada pista San rafael e estrada A Florida-As Vides.
b) Instalación de sinal de stop no cruce de As Vides (ao lado da panadería), que foi derribado hai algún tempo.
c) Instalación de espello no cruce da estrada do Casal coa estrada de circunvalación do Quinteiro, xa que se trata dunha curva moi perigosa e con escasa visibilidade.

4) Saneamento.

a) Reparar o alcantarillado na zona anexa ao paso da autopista no barrio de Roublín xa que sufriu o seu afundimento.
b) Conexión á rede xeral do alcantarillado instalado en Roublín.
c) Inclusión na previsión de alcantarillado das zonas da parroquia ainda carentes de saneamento.

5) Canalizacións.

a) Canalización de augas na estrada Campo de Eiró - Cristo de Belén (fronte a casa de Marcial), xa que a auga da choiva baixa pola estrada, e ao final da recta entra directamente nos terreos da casa.
b) Instalar arquetas no lavadoiro da Crus.
c) Na Mouta (Casal), entrada casa Manuel Villar, cambiar tubería.

6) Fontes.

a) Adecuación, como se fixo coa fonte de Couso, da fonte “Da Prova” en Campo de Eiró, e da fonte “Das Animas” en Casalmorto, xa que o seu continuo deterioro vai levar á desaparición das mesmas.
b) Fonte de A Furna. Traslado ao lado do camiño, quedando nun lugar público e con mellor accesibilidade, e canalización da auga que anteriormente ía ao río que actualmente se atopa canalizado.

7) Recollida de basura.

a) Remplazar contenedores no cruce de Carola, Campo de Eiró, onde a marquesina.

8) Medio ambiente.

a) Limpeza de maleza en finca anexa á estrada do Cristo de Belén (fronte a casa de Marcial).
b) Habilitar un control, en conxunto coa Consellería de Medio Ambiente, para a inspección de verquidos contaminantes sobre o os acuíferos existentes e todo o medio en xeral, procedentes de lavadoras, fregadoiros, piscinas con auga clorada, etc.

9) Centro Cultural “Os Castros”.

a) Aportar algunha achega para a eliminación de barreiras arquitectónicas no Centro Cultural Os Castros, para a instalación dun ascensor e a construcción de ramplas.
b) Aportar algunha achega para mobiliario co fin de comezar a utilizar as zonas acondicionadas na planta superior.
c) Axuda para a compra dun proyector para realización de actividades audiovisuais.
d) Axuda para a construcción dunha estructura cuberta na zona traseira do Centro Cultural.

10) Emprego.

a) Información sobre medidas tomadas.
b) Publicación de ofertas nos centros sociais.
c) Posibilidade de crear un obradoiro a través da asociación.

11) Deporte.

a) Programar algunha actividade, campionato ou curso para realizar na pista polideportiva anexa ao Centro Cultural.

12) Outros.

a) Recuperación do terreo da Carballeira de Casalmorto, antigo Campo da Feira. Habilitalo como espazo de paseo e convivencia para os veciños. Limpeza, instalacións de bancos, etc.
b) Recuperación de sendeiro e canalizacións en toda a ruta dos Muiños.

13) Xerais concello.

a) Incluir na páxina web do concello información referente á Asociación: contacto, actividades, formularios de inscripción, etc.
b) Fomentar a interacción entre as diferentes asociacións culturais e veciñais do municipio; fomentar a mobilidade na realización de actos, cursos...


RESUMO NECESIDADES PRIORITARIAS.

ACCIÓNS PRIORITARIAS XA SOLICITADAS QUE TEÑEN CARACTER URXENTE:

• Restitución do muro derruído na estrada Quinteiro - A Furna.
• Reparar o alcantarillado na zona anexa ao paso da autopista no barrio de Roublín xa que sufriu o seu afundimento.
• Saneamento dende estrada Pereiras-Tameiga ata o Quinteiro.

ACCIÓNS PRIORITARIAS CON NECESIDADE DE RESERVA ORZAMENTARIA PARA O PRÓXIMO EXERCICIO:

• Humanización (realizar beirarúas ou beiravías delimitadas) na estrada A Crus – Colexio Atín - Estrada Gondomar O Porriño.
• Aportar achega para a eliminación de barreiras arquitectónicas no Centro Cultural Os Castros, para a instalación dun ascensor e a construcción de ramplas.
• Instalación de alcantarillado nas zonas da parroquia ainda carentes de saneamento.

ACCIÓNS CON CARACTER XERAL:

• Maior consulta e participación dos veciños/as e a asociación nas accións municipais.
• Convocatoria e recepción de ideas previas a calquera obra.
• Realización de reunións reservadas a aqueles que poidan aportar ou teñan coñecementos sobre o traballo a realizar.
• Exposición pública no Centro Cultural de planos, proxectos, etc, para comentarios e propostas.
• Recollida de documentación, fotos, etc, no caso de tratarse de reformas de elementos históricos; fontes, muíños, ...
• Información sobre as resolucións nas convocatorias de achegas.

UN PASEO POLA HISTORIA

Despois de dúas fases de rehabilitación levadas a cabo nos Muíños da Salgueira xa se pode gozar dunha importante parte da nosa historia local inda moi presente entre os máis maiores.

O sábado fíxose unha simbólica inaguración da recuperación destes muiños e decenas de veciños e veciñas de todas as idades percorreron a ruta habilitada a carón destas antigas construccións.

A andaina comenzou no CC "Os Castros" dirixíndonos cara a súbida a Cela para facer a ruta en dirección inversa, dende os muíños da Budiela ata chegar ao muíño da Almorada, o cal foi erróneamente rebautizado como Alborada. O bo tempo fixo contribuiu a un distendido paseo, inda que en ocasións se levantase polvo abondo ou algunhas zonas fosen máis compricadas para determinados vehículos.





Neste último muíño da Almorada, na parte máis baixa da ruta, tivemos oportunidade de escoitar a un representante da asociación Amigos dos Muíños que nos fixo ver a importancia de non perder este patrimonio.



Esta agradable tarde rematou con chourizo, viño e música e baile ata o solpor. Faite amigo da Avv Nosa Terra e descarga todas as fotos en Facebook.




Se os muíños falasen...

miércoles, 26 de octubre de 2011

PEREIRAS GOZOU DUNHA XORNADA DE BTT

O pasado 09 de outubro celebrouse a Iª Kedada BTT "Nosa Terra" polas terras e montes de Pereiras e arredores, tentando aproveitar as zonas todavía virxes de asfaltos e cementos.



Á chamada da Asociación acudiron máis de 400 ciclistas que desbordaron as previsións de participación, e que case ás dez da mañán saíron do CC "Os Castros" para percorrer a parte baixa da parroquia, voltar ao punto de saída e comenzar unha complicada subida ata os montes de Pereiras, Tameiga e Beade.


Os participantes fóron distribuindose según as súas forzas e habilidades co manillar e os pedais. Pouco a foron percorrendo prados, pistas, camiños, carreiros, pontes, palés e todo tipo de superficies, sendo unha das zonas de máis beleza a que se fixo coincidir coa ruta dos muiños da Salgueira.



A recompensa ao esforzo chegou co avituallamento, no que os sufridos e agerridos ciclistas aproveitaron para repoñer forzas, descansar ou realizar os necesarios exercicios de estiramento. Tampouco faltou quen pedía continuar de seguido para non coller frío.



Despois chegou o divertimento co rápido e entretido descenso para voltar ao Local Social.

Todos e todas que así o desexaron poideron darse unha ducha á chegada e aproveitar para limpar os rastros da ruta das súas bicicletas. A continuación sorteáronse unha serie de agasallos cedidos polos nosos patrocinadores.


Agradecemos a todos os voluntarios e voluntarias a súa participación, colaborando na elaboración da ruta, na organización dos participantes, avituallamento, cortes das estradas, asistencia técnica e médica, etc.


A boa sensación que deixou esta xornada fai esperar que se celebre unha segunda edición o próximo ano, no que esperamos contar novamente coa axuda de todos, ciclistas e veciños.

viernes, 7 de octubre de 2011

AS PREINSCRIPCIÓNS SUPERAN AS EXPECTATIVAS

Xa non son 300, senón moitos máis os que se teñen posto en contacto coa Asociación "Nosa Terra" para anunciar a súa participación na nosa 1ªKedada BTT.


Hoxe venres a primeira hora agotamos todos os dorsais previstos. Os que non teñades recibido confirmación cun número de participación non vos preocupedes porque a participación está aberta a todos e todas. Acercarvos ás mesas antes da saída e recibiredes igualmente un número para os sorteos e da mesma maneira tentaremos que ninguén se quede sen avituallamento.

Os que xa recibistes número de participación non vos esquecer de recoller o voso dorsal antes das 9:30h, hora de partida.

Benvidos tod@s!

lunes, 3 de octubre de 2011

KEDADA BTT "NOSA TERRA" EN GPS

Podes ver e descargar o percorrido da kedada nesta dirección da páxina wikiloc.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2088535



Lémbrate de anotarte se todavía non o fixeches. Xa imos achegándonos aos dous centenares de inscritos, tanto das diferentes localidades de Mos como de outros concellos da comarca (O Porriño, Tui, Redondela, Vigo, Cangas...).
Non quedes sen participar!!

Mapas da Kedada BTT

Aquí tendes o mapa e perfil dos 30km que haberá que percorrer o próximo domingo.










Para chegar ata o punto de saída podes orientarte por calquera de estes mapas, e se non pregunta pola igrexa de Pereiras, ao lado atoparedes o Centro Cultural, comezo e fin desta ruta circular.









Ver Saída marcha BTT en un mapa más grande