viernes, 30 de septiembre de 2011

EN MARCHA A BTT

Seguen os preparativos para que o próximo domingo 09 todo vaia sobre rodas.
Os pre-inscritos por correo electrónico xa están a recibir o seu número de participación e así poder contar co avituallamento e participar no sorteo de regalos que terá lugar ao final da ruta ciclista.

A todos e todas que todavía non vos apuntastes ou non tedes acceso a un correo electrónico facernos chegar a vosa pre-inscripción por calquera outro medio para contar coa vosa presenza.

Agradecemos aos seguintes colaboradores a súa aportación de productos para o avituallamento, que tamén contará con fruta suministrada por outro colaborador local.

martes, 20 de septiembre de 2011

LISTADO DEFINITIVO CURSOS 2011

Aquí tendes a relación de todos os cursos xa programados.

Aproveita agora,,, fórmate e divírtete!

638988710 / avvnosaterra@yahoo.es / Facebook / CC “Os Castros” / X.directiva


lunes, 19 de septiembre de 2011

1º TROFEO MINI BTT NOSA TERRA

Os máis miudos terán ocasión de probar a súa destreza e forza nunha bicicleta de montaña este sábado 24 de setembro de 2011 en Pereiras (Mos).

A Avv. “Nosa Terra” colabora na organización deste trofeo que traerá ata a nosa parroquia ao arredor de 150 participantes, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos.

Na proba participarán todas as escolas galegas de ciclismo, xa que a mesma está incluida no calendario oficial da federación galega e como tal será puntuable no ranking desta modalidade BTT.

As categorías para participantes son as seguintes:

PREBENJAMINES: nacidos nos anos 2005 e 2006.
PROMESAS: nacidos nos anos 2003 e 2004.
PRINCIPIANTES: nacidos nos anos 2001 e 2002.
ALEVINES: nacidos nos anos 1999 e 2000.
INFANTILES: nacidos nos anos 1997 e 1998.

IMPORTANTE: poderán participar todos os nenos e nenas que queiran. Os que non estexan federados terán que pagar 12€ (seguro e licenza de un día), no mesmo día da proba. Os xuices árbitros da federación galega realizarán a inscripción de todos os interesado.

Calquera información previa que precises, infórmate no teléfono 664 494 347.

Anímate!! Esperamos descubrir na nosa localidade novas promesas do pedal!!


SEGUIMOS A PROGRAMAR A FORMACIÓN

Boas novas!

Aos cursos que xa vos foran comunicados neste blogue, hai que sumarlle outros máis que se están rematando de programar e que aquí vos avanzamos:

BAILES LATINOS. Martes de 20:00 a 21:30h.
COIRO E MACRAMÉ. Sábados tarde.
BATUKA, FITNESS E BAILE. Por confirmar.

Informar ademáis que este sábado ás 12:00h terá lugar no CC "Os Castros" unha proba de nivel para formar os grupos do curso de INGLÉS. Váise admitir a toda persoa interesada, simplemente se trata de dividir en niveis para que todo o alumnado rentabilize ao máximo as súas horas de clases.

En breve todos os socios e socias recibiredes nos vosos buzóns información sobre estes cursos e próximas actividades.

QUENTANDO PEDAIS PARA AS CITAS CICLISTAS

Esta pasada semana varios veciños e aficionados á bicicleta e á natureza estiveron percorrendo a ruta da próxima kedada BTT que terá lugar o domingo 09 de outubro.

A conclusión foi que, inda que se pode facer un pouquiño dura ao principio, a beleza natural e a diversión están aseguradas cun itinerario moi variado e que non deixa opción ao aburrimento.

Estes percorridos aproveitáronse para ir pechando a organización e ir definindo os lugares nos que se debe aumentar a precaución (cruces, pasos estreitos...) para que o día da marcha todo transcurra da mellor maneira e con absoluta tranquilidade e seguridade para os que nos queiran acompañar neste paseo.

Boa ruta!

lunes, 12 de septiembre de 2011

WIMAX EN PEREIRAS

Este próximo mércores 14 de setembro ás 21:00h haberá no CC "Os Castros" unha charla informativa sobre esta tecnoloxía e o proxecto que sobre ela se pretende desenvolver.

Wimax é un sistema de acceso a banda ancha usado principalmente en zonas rurais que permite o acceso a internet mediante a colocación de antenas cuns poucos kms de alcance.

Todas as persoas interesadas, actualmente ou nun futuro próximo, serán informadas sobre as características técnicas, formas de acceso e coste desta alternativa para ter internet na casa.

martes, 6 de septiembre de 2011

KEDADA CICLOTURISTA BTT

O próximo domingo 09 de outubro vaise celebrar en Pereiras (Mos) a primeira quedada BTT "Nosa Terra", na que percorreremos en bicicleta camiños e sendeiros da parroquia e arredores.

A distancia será de 30 KM cunha dificultade media/alta, con comezo ás 9:30h no CC "Os Castros". Os primeiros 6 km serán polo entorno máis próximo incluindo zonas da Santa Mariña e os muiños de Casalmorto, subindo despois cara as proximidades do "Mercantil", CUVI e parque forestal de Beade, onde terá lugar o avituallamento.
Finalizaremos cun rápido e técnico descenso por Cela ata chegar de novo ao Local Social.

Pedimos que todos os que se acheguen sexan maiores de 18 anos e veñan provistos de casco. Tamén agradecemos que realicedes unha preinscripción, enviando un mail á nosa dirección avvnosaterra@yahoo.es. Recibiredes confirmación e se vos asignará un número para o SORTEO DE REGALOS que se realizará ao final da ruta.

Todos os asistentes o farán pola súa conta e risco.

Calquera outra información ou dúbida que teñades podedes utilizar o apartado de comentarios de este blogue, chamar ao número 617 370 715 ou facelo a través do noso facebook.

NOVO CURSO, NOVOS CURSOS

Coa chegada de setembro e o próximo outono, a Asociación "Nosa Terra" está a programar o novo calendario de cursos.

Todos eles terán lugar no CC "Os Castros" e podes anotarte no teléfono ou no mail da Avv, ou tamén acercándote polo propio local.

Os precios rondarán entre os 10 e os 20 € dependendo do número de inscritos en cada curso.

Algún dos cursos poderá cancelarse de non reunirse un mínimo de participantes.

Calquera suxerencia ou novo curso que che interese fáinolo saber!! Polo momento aquí tes a nosa oferta cos días e horas que xa están establecidos...


  • AEROBIC. MARTES E XOVES. 21:30 - 22:30H.
  • PILATES. LUNS E MÉRCORES. 21:30 - 22:30 H.
  • TAI-CHI. LUNS.
  • IOGA. MARTES E XOVES. 18:30 - 19:30 H.
  • COCIÑA. SÁBADOS. 19:00 - 22:00 H.
  • INGLES. POR DETERMINAR.
  • INFORMATICA. POR DETERMINAR.
  • BOLILLOS.
      Estade atentos a esta entrada porque irémola actualizando con máis cursos e información.
    • SAN RAFAEL, O MELLOR FUTBOL SALA DA PARROQUIA

      Rematou o campionato de futbol sala por barrios, que foi dominado de principio a fin polo equipo de San Rafael.

      Os xogadores do barrio impuxéronse na final a Casal por 3-2 e leváronse ademáis os premios a maximos goleadores e menos goleados.


      As semifinais completáronnas A Florida, derrotado por Casal, e Campo de Eiró, que non puideron aguantar a forza dos campións.


      O torneo feminino terminou en táboas e haberá que agardar ao próximo ano para coroar ás nosas mellores futbolistas.

      Proximamente incluiremos fotos do torneo e os equipos.

      Noraboa aos gañadores e resto de participantes, e gracias a todo o público que acudiu a seguir o campionato.