viernes, 12 de abril de 2013

30 ANOS NON SON NADA


Unha edición sinalada, a TRIXÉSIMA. 
Antes no entorno da Capela da Santa Mariña e agora ao arredor da casa común, os veciños e veciñas de Pereiras seguen reuníndose para a celebración da Festa da Xuntanza.
  
 


Os Charamujas de Guizán encargáronse de comezar a festa, tirando coñecidas repichocas, e o baile galego puxéronno os nosos Nosa Terra e os case veciños Santa Eulalia.

Houbo xantar popular e pola tarde os pequechos de Nosa Terra de Pereiras, Os Chaneiros de Marín e Axouxeres de Moaña déronlle a muiñeiras, xotas e algunha máis. Houbo poxa como nas mellores festas e houbo humorista como nos mellores escenarios, cunha escaleira e a ollo botoulle medidas a todo aquel que se atreveu a acercarse. 
 
Sardiñas, pementos, tortilla, orella ... foron convintemente desgustados ... e a festa rematou con baile improvisado e variedade de estilos, que na variedade está o gusto, e a oportunidade do que pouco sabe.

ARDE PARÍS, E PEREIRAS


Volveron a arder en Pereiras as malas lembranzas e vellas trapalladas. A Asociación participou da tradición de facer borrón e conta nova, espantar meigas e males de ollo e de paso facer da noite máis curta do ano a máis luminosa.

O sábado 23 as sardiñas asaron ao lume, as Lagharteiras e o grupo de gaitas Nosa Terra subiron ao escenario e a gran cacharela púxonos as fazulas rubias. Non era vergoña, era fachenda da nosa tradición. Carros e portais permaneceron firmes.

VISITA AOS IMPOSTORES

Oscar Pereiro impostor, Pili Pampín impostora, Lito da Panorama impostor ... 


todos eles foron visitados por os veciños de Pereiras que acudiron á grabación do programa o Clan dos impostores o pasado 20 de xuño.


O público de Pereiras disfrutou da televisión dende fora do sofá, ás instruccións do rexidor e ao calor dos focos.

Porque outro punto de vista é posible... 

UNHA CHEA DE NAIS

A asociación celebrou o día da Nai, que conxuntamente con Hungría, Lituania, Rumanía, Sudáfrica e os veciños Portugueses, este ano caía por aquí en domingo 6 de maio.

Para que cada quen amosase as súas dotes literarias inspiradas en quen lle deu a vida organizouse un certame de Dedicatorias.


 En paralelo pensouse noutro pracer, o das doces sobremesas. Un escollido xurado premiou a orixinalidade, sabor e presentación das larpeiradas e deixouse constancia de que os nosos veciños e veciñas andan sobrados de dotes nos fogóns.
A música viu a cargo das Corais Polifónicas A Forna de Budiño e Nosa Terra de Pereiras.

Chocolate, poesía e corais, una sentida versión do afamado sexo, drogas e rock & roll.

REUNIÓN CONCELLO DE MOS - MAIO 2012


Escrito dirixido á Alcaldesa do Concello de Mos;

A Asociación veciñal e cultural “Nosa Terra” de Pereiras, dentro da súa función de transmitir as necesidades da parroquia e as inquedanzas dos seus veciños/as ás institucións locais, fai entrega do presente escrito para que sexan considerados, e se tomen as medidas oportunas, para a resolución dos temas que se enuncian.

Queremos resaltar que gran parte das demandas xa foron comunicadas durante os últimos 4 anos en diferentes reunións e escritos sen ter sido solucionadas nin producirse informacións sobre as xestións realizadas.

A continuación relátanse todas as necesidades diferenciadas por áreas para que sexan transmitidas aos diferentes responsables do Goberno Municipal, resaltando ao final as necesidades máis urxentes así como as que solicitamos sexan incluidas con partidas específicas no orzamento a aprobar para o próximo exercicio.

Pereiras, 25  de outubro de 2011.

A Xunta Directiva.



1)         Estradas e camiños.

a)         Restitución do muro derruído na estrada Quinteiro - A Furna.
b)        Camiño do Polvora (Roublín), enriba da presa da Lama. Muro derruido.
c)         Retirada de muro na estrada Campo de Eiró - As Vides (fronte a casa de Suso Romero) debido a súa perigosidade cara a circulación vial. Na actualidade atópase ocupando parte da vía asfaltada.
d)        Proceder ao deslinde do camiño A Furna - Albán.
e)         Muro dunha casa que ocasiona perigro, en frente da casa de Carlos Bastos, estrada Campo de Eiró-Cristo de Belén.
f)         Instalar pilotes diante do edificio no Cristo de Belén.
g)        Asfaltado estrada Foxes, antiguo aserradeiro.
h)        Humanización (realizar beirarrúas ou beiravías delimitadas) na estrada A Crus - Colexio Atín - Estrada O Porriño Gondomar.
i)         Maior control da obra Pereiras-Tameiga, demasiadas molestias por movementos de terras, afección de cableado público, etc.
j)          Diante do Colexio Santo Tomas os coches aparcan enriba da acera ocasionando perigo por falta de visibilidade.

2)         Alumeado.

a)         Non hai aportacións.

3)         Sinalización e espellos.

a)         Sinal de stop no cruce estrada pista San rafael e estrada A Florida-As Vides.
b)        Instalación de sinal de stop no cruce de As Vides (ao lado da panadería), que foi derribado hai algún tempo.
c)         Instalación de espello no cruce da estrada do Casal coa estrada de circunvalación do Quinteiro, xa que se trata dunha curva moi perigosa e con escasa visibilidade.

4)         Saneamento.

a)         Reparar o alcantarillado na zona anexa ao paso da autopista no barrio de Roublín xa que sufriu o seu afundimento.
b)        Conexión á rede xeral do alcantarillado instalado en Roublín.
c)         Inclusión na previsión de alcantarillado das zonas da parroquia ainda carentes de saneamento.

5)         Canalizacións.

a)         Canalización de augas na estrada Campo de Eiró - Cristo de Belén  (fronte a casa de Marcial), xa que a auga da choiva baixa pola estrada, e ao final da recta entra directamente nos terreos da casa.
b)        Instalar arquetas no lavadoiro da Crus.
c)         Na Mouta (Casal), entrada casa Manuel Villar, cambiar tubería.

6)         Fontes.

a)         Adecuación, como se fixo coa fonte de Couso, da fonte “Da Prova” en Campo de Eiró, e da fonte “Das Animas” en Casalmorto, xa que o seu continuo deterioro vai levar á desaparición das mesmas.
b)        Fonte de A Furna. Traslado ao lado do camiño, quedando nun lugar público e con mellor accesibilidade, e canalización da auga que anteriormente ía ao río que actualmente se atopa canalizado.

7)         Recollida de basura.

a)         Remplazar contenedores no cruce de Carola, Campo de Eiró, onde a marquesina.

8)         Medio ambiente.

a)         Limpeza de maleza en finca anexa á estrada do Cristo de Belén (fronte a casa de Marcial).
b)        Habilitar un control, en conxunto coa Consellería de Medio Ambiente, para a inspección de verquidos contaminantes sobre o os acuíferos existentes e todo o medio en xeral, procedentes de lavadoras, fregadoiros, piscinas con auga clorada, etc.

9)         Centro Cultural “Os Castros”.

a)         Aportar algunha achega para a eliminación de barreiras arquitectónicas no Centro Cultural Os Castros, para a instalación dun ascensor e a construcción de ramplas.
b)        Aportar algunha achega para mobiliario co fin de comezar a utilizar as zonas acondicionadas na planta superior.
c)         Axuda para a compra dun proyector para realización de actividades audiovisuais.
d)        Axuda para a construcción dunha estructura cuberta na zona traseira do Centro Cultural.

10)       Emprego.

a)         Información sobre medidas tomadas.
b)        Publicación de ofertas nos centros sociais.
c)         Posibilidade de crear un obradoiro a través da asociación.

11)       Deporte.

a)         Programar algunha actividade, campionato ou curso para realizar na pista polideportiva anexa ao Centro Cultural.

12)       Outros.

a)         Recuperación do terreo da Carballeira de Casalmorto, antigo Campo da Feira. Habilitalo como espazo de paseo e convivencia para os veciños. Limpeza, instalacións de bancos, etc.
b)        Recuperación de sendeiro e canalizacións en toda a ruta dos Muiños.

13)       Xerais concello.

a)         Incluir na páxina web do concello información referente á Asociación: contacto, actividades, formularios de inscripción, etc.
b)        Fomentar a interacción entre as diferentes asociacións culturais e veciñais do municipio; fomentar a mobilidade na realización de actos, cursos...


RESUMO NECESIDADES PRIORITARIAS.

ACCIÓNS PRIORITARIAS XA SOLICITADAS QUE TEÑEN  CARACTER URXENTE:

•         Restitución do muro derruído na estrada Quinteiro - A Furna.
•         Reparar o alcantarillado na zona anexa ao paso da autopista no barrio de Roublín xa que sufriu o seu afundimento.
•         Saneamento dende estrada Pereiras-Tameiga ata o Quinteiro.

ACCIÓNS PRIORITARIAS CON NECESIDADE DE RESERVA ORZAMENTARIA PARA O PRÓXIMO EXERCICIO:

•         Humanización (realizar beirarúas ou beiravías delimitadas) na estrada A Crus – Colexio Atín - Estrada Gondomar O Porriño.
•         Aportar achega para a eliminación de barreiras arquitectónicas no Centro Cultural Os Castros, para a instalación dun ascensor e a construcción de ramplas.
•         Instalación de alcantarillado nas zonas da parroquia ainda carentes de saneamento.

ACCIÓNS CON CARACTER XERAL:

•         Maior consulta e participación dos veciños/as e a asociación nas accións municipais.
•         Convocatoria e recepción de ideas previas a calquera obra.
•         Realización de reunións reservadas a aqueles que poidan aportar ou teñan coñecementos sobre o traballo a realizar.
•         Exposición pública no Centro Cultural de planos, proxectos, etc, para comentarios e propostas.
•         Recollida de documentación, fotos, etc, no caso de tratarse de reformas de elementos históricos; fontes, muíños, ...
•         Información sobre as resolucións nas convocatorias de achegas.

Enganche alcantarillado, roublín-autopista.
Alcantarillado Xaberja-Raña boa.
Alcantarillado de casalmorto ao quinteiro.
Estrada cristo de belén-campo de eiró.
Restitución do muro derruído na estrada Quinteiro - A Furna.

SEN FRONTEIRAS, CON LINDES


Carta dirixida á Alcaldesa do Concello de Mos Nidia María Arévalo Gómez...

 A Asociación veciñal e cultural “Nosa Terra” de Pereiras, ponse en contacto con vostede en relación ás novas recibidas sobre a constitución dunha comisión de deslinde para tratar a definición dos LÍMITES TERRITORIAIS DO CONCELLO DE MOS.

Considerando a función representantiva desta asociación, e estando a localidade de Pereiras directamente afectada, solicitámoslle participar neste proceso, na forma ou maneira que estime oportuna ou según fose definida a representación veciñal para o citado caso.

Agardando a súa comunicación e calquera outra aclaración que estime oportuna, reciba un atento saúdo.

NOVA XUNTA DIRECTIVA 2012/2013

PRESIDENTE: D. Orindo Táboas Giráldez
VICEPRESIDENTE: D. David Alonso Álvarez
SECRETARIO: D. Rubén Campo Gil
TESOUREIRO: D. Oscar Pérez Rodríguez
VOCAIS:
Nº 1: Dna. Marta Rodríguez Otero
Nº 2: D. Fernando Gomes Santos
Nº 3: D. Roberto Lorenzo Romero
Nº 4: D. José Manuel Moreno Blanco
Nº 5: Dna. Ana Isabel Monzón Otero
Nº 6: D. Adolfo Álvarez Alonso
Nº 7: D. Alberto Rodríguez Táboas
Nº 8: D. Juán Carlos Rivero González
Nº 9: D. Daniel Lago Pérez
Nº 10: D. José Manuel Juste Oya
Nº 11: Dna. Verónica Bacelo Rodríguez

Gracias e sorte a todos e todas.