miércoles, 29 de junio de 2011

ESTA FIN DE SEMANA ... XUNTANZA!!

A Avv Nosa Terra alegrarase de contar coa túa presencia para compartir os actos que terán lugar os próximos 2 e 3 de xullo nos arredores do CC "Os Castros".

Un ano máis tes a oportunidade de compartir música, baile, gastronomía, espectáculos e moito humor cos veciños de Pereiras e toda a comarca.


Despois do traballo e colaboracións da directiva, asociados, casas comerciais, institucións públicas e demáis persoas e organizacións chega a hora de gozar dunhas actividades que agardamos sexan do teu agrado e che permitan pasar uns agradables momentos de XUNTANZA.

Bótalle un ollo á programación. Ademáis o sábado teremos a presencia do monologuista Rodri de Pias. A pasalo ben!

No hay comentarios:

Publicar un comentario