lunes, 19 de septiembre de 2011

QUENTANDO PEDAIS PARA AS CITAS CICLISTAS

Esta pasada semana varios veciños e aficionados á bicicleta e á natureza estiveron percorrendo a ruta da próxima kedada BTT que terá lugar o domingo 09 de outubro.

A conclusión foi que, inda que se pode facer un pouquiño dura ao principio, a beleza natural e a diversión están aseguradas cun itinerario moi variado e que non deixa opción ao aburrimento.

Estes percorridos aproveitáronse para ir pechando a organización e ir definindo os lugares nos que se debe aumentar a precaución (cruces, pasos estreitos...) para que o día da marcha todo transcurra da mellor maneira e con absoluta tranquilidade e seguridade para os que nos queiran acompañar neste paseo.

Boa ruta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario