martes, 31 de enero de 2012

ANDAINA: CAMIÑO A SAN ANTOÍÑO

Despois do éxito das últimas rutas e andainas propostas pola asociación Nosa Terra, este domingo 5 de febreiro de 2012 propoñemos un novo e interesante movemento polas terras de Mos.

Seguindo as notas que o grande Andrés Lapique do Barro lle cantara á noutrora admirada Conchita, faremos o camiño a San Antón, camiño a San Antoíño e á aldea de Alfacuca.

O punto de encontro será ás 9:30h no CC "Os Castros" de Pereiras-Mos e dende alí desprazarémonos ata o inicio do sendeiro do Louro (plásticos barcia) onde ás 10:00h botaremos pé a terra e comezaremos a ruta, de baixa dificultade, duns 4,5km ida ata o noso destiño para despois desandar o andado e sobre as 14:00h estar xa na casa para o xantar.

Ademáis, o historiador e escritor Javier Baquero Rotea explicaranos a historia da singular aldea de Alfacuca para así complementar a saudable actividade cuns cantos coñecementos antropolóxicos.

Bo camiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario