O pasado mes de xaneiro unhas deceas de persoas acudiron á convocatoria da asociación Nosa Terra para pasar uns días na capital do imperio dos fillos da Gran Bretaña.Londres acolleu aos nosos veciños e veciñas con menor inclemencia meteorolóxica da esperada e así fíxose máis levadeira a apretada axenda para poder visitar os máis insignes e carismáticos emplazamentos da cidade dos neboeiros.
Non faltaron os desplazamentos nos Routemasters, históricos autobuses de dous pisos que se manteñen en funcionamento para goze e disfrutes do turisteo. Outra atracción foron as vérmellas cabinas telefónicas, xa case pezas de museo, e incluso os máis desprendidos se animaron a consumir nos clasistas comercios de Harrods.O percorrido continuou por mar e aire, cun minicruceiro polo Támesis e unhas
cantas voltas na noria London Eye, sen que se tivese lamentado ningún mareo por mal de alturas ou aquafobia.
cantas voltas na noria London Eye, sen que se tivese lamentado ningún mareo por mal de alturas ou aquafobia.E despois duns cantos restaurantes, pubs, rutas en metro, e de retratarse cos máis sinalados edificios e monumentos houbo que volver ao país de orixe. Según nos contan foi bo, moi bo, pero curto ... e xa se sabe ... o bo se breve... dúas veces bo, así que...
Congratulations!
No hay comentarios:
Publicar un comentario