miércoles, 29 de junio de 2011

ESTA FIN DE SEMANA ... XUNTANZA!!

A Avv Nosa Terra alegrarase de contar coa túa presencia para compartir os actos que terán lugar os próximos 2 e 3 de xullo nos arredores do CC "Os Castros".

Un ano máis tes a oportunidade de compartir música, baile, gastronomía, espectáculos e moito humor cos veciños de Pereiras e toda a comarca.


Despois do traballo e colaboracións da directiva, asociados, casas comerciais, institucións públicas e demáis persoas e organizacións chega a hora de gozar dunhas actividades que agardamos sexan do teu agrado e che permitan pasar uns agradables momentos de XUNTANZA.

Bótalle un ollo á programación. Ademáis o sábado teremos a presencia do monologuista Rodri de Pias. A pasalo ben!

lunes, 2 de mayo de 2011

ASAMBLEA XERAL

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

De acordo cos artigos nº 24 e 25 dos Estatutos que regulan esta Asociación Veciñal e Cultural, a Xunta Directiva convoca a todos os socios a participar na Asamblea Xeral Ordinaria que terá lugar, no salón da planta baixa do Centro Social e Cultural “OS CASTROS”, o vindeiro domingo 8 de maio de 2011, ás 11:00 horas en 1ª convocatoria, e ás 11:30 horas en 2ª convocatoria; coa seguinte

ORDE DO DÍA

Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
Memoria anual de actividades.
Informe de proxectos e obras realizadas.
Balance económico, e aprobación, se procede.
Propostas da Xunta Directiva.
Propostas entregadas polos socios.
Renovación parcial da Xunta Directiva: Presidente/a, Secretario/a ( 2 anos), Tesorero/a (1 ano), e Vocais 1º, 3º, 5º, 7º, 9º, 11º (2 anos).
Rogos e preguntas.

§ Esta Asamblea celebrarase en 1ª convocatoria de atoparse presentes a metade máis un dos socios, ou en 2ª convocatoria con calquera que sexa o número de asistentes (Art. nº28).

§ Os socios/as poden presentar por escrito propostas para tratar no punto VI da orde do día, sempre que se entreguen á Xunta Directiva cun mínimo de 5 días antes da Asamblea (Art. nº30).

§ Pódense presentar candidaturas para os cargos da Xunta Directiva a renovar, incluídos no punto VII, por parte dos socios/as cun mínimo de un ano de antigüidade e unha antelación de 10 días á Asamblea (Art. nº17 e 19).

A Asamblea Xeral de Asociados/as é o órgano de expresión de vontade da Asociación (art. 23), e os acordos adoptados nela obrigarán a todos os/as asociados/as, incluso aos/ás non asistentes (Art. nº30), polo que dende a Xunta Directiva solicitase a asistencia de todos os/as socios/as, exercendo o seu dereito de asistir (Art. 9), dada a importancia dos temas a tratar, e co fin de chegar a acordos coa máxima participación e consenso.


Un cordial saúdo da Xunta Directiva.

martes, 12 de abril de 2011

TALLER DE COIRO

TALLER DE COIRO


O curso será os sabados de
20:00 a 21:30 h.

Prezo 20 €

Comezara en Maio

BAILE MODERNO


BAILE MODERNO

Aprende a moverte, so tes que poñerte en contacto coa Asociación a traves do correo @ ou no telf. 638 98 87 10

O curso será os Luns e Mercores de 20:00 a 21:30 h.

martes, 21 de diciembre de 2010

BAILE FIN DE ANO

BAILE FIN DE ANO

Ven celebrar no Local Social de Pereiras o novo ano, coa mellor música o trio NOROESTE

Habra sidra, cotillón e chocolate con churros.


Organiza: Xunta Comunal de Montes e AVV. "Nosa Terra" de Pereiras.

viernes, 19 de noviembre de 2010

TERRA TRADICIONAL

Sabado 20 de novembro


09:30h. Recollida de Cogumelos

20:30h. II Certame de Corais:

Coral Polifónica “PONTE DAS FEBRES” de Tuy
Coral Polifónica “VENTOS DO VAL” de Petelos
Coral Polifónica “NOSA TERRA” de Pereiras

Ao remate, Gran Magosto Tradicional.

Domindo 21 de novembro

10:00h. Xornada Micolóxico e Apertura da exposición de Bicicletas Antigas.

Venrens 26 de novembro

20:30h. Ben a debuxar…

Sabado 27 de novembro

17:00h. Partidos Solteras & Casadas
Solteros & Casados

Campo do Louro, ao remate cea no Local Social de Pereiras. Inscripción 5 €

Sabado 4 de decembro

21:00h. Actuación do grupo de Cantareiras “CHAVELLOS” de Pereiras.

Ao remate, actuación do grupo de Teatro “XUNCO” de Salceda de Caselas

Coa obra: “Isto Cambiou”


A NOSA TERRA

Luns 6 de decembro

15:30h. Campeonato de CHAVE

21:00h. Actuación do grupo “PRESSING BRASS” de CRC Torroso


Martes 7 de decembro

21:00h. Actuación de Bernardino Vidal “Armonicas” de Redondela

De seguido, actuación do humorista “ ROI BORRALLAS” de Vigo

Mercores 8 de decembro

16:00h. Campeonato de TUTE e BIRISCA

20:30h. Actuación da Escola de Baile “BAMBALINA”

Sabado 11 de decembro

21:00h. Actuación do grupo de Cantareiras “CHEIRA A GHATO” de Porriño

Ao remate, actuación do grupo de Teatro “ O COTO ” de San Esteba de Budiño

Coa obra: “ Escola de Analfabetos”


Sabado 18 de decembro

21:00h. Pinchos e Sorteo da Cesta de Nadal para todos os socios/as.


A Xunta Directiva da
Avv. Nosa Terra

Saúda


A tódolos socios/as, e ten o pracer de convidalos a disfrutar dos actos que con motívo da Celebración do Mes Cultural no Local Social “ Os Castros”.

Desexámoslle que con estes actos pasen uns momentos agradables na compaña de familiares e amigos, onde podrán disfrutar de diferentes actuacións.

Esperamos contar con todos vostedes e aproveitamos a ocasión para saludalos moi atentamente, e desexarlles unhas Felices Festas de Nadal e un Ano Novo cheo de Ledicia.

A Xunta Directíva

jueves, 3 de junio de 2010

XUNTANZA 2010


O 3 e 4 de xullo, festa popular

Día 3, Serán " MEGHALLAS "
a partires das 21:00 h.

Día 4, a partires das 11:00 h. pasarrúas e sesión
vermouth amenizada por " Charanga VAI DE VALDE"
e actuación do Grupo de Baile " NOSA TERRA DE PEREIRAS"




pa repoñer forzas
XANTAR CAMPESTRE




A partires das 18:30 h. " FESTIVAL FOLCLÓRICO INFANTIL "


- "NOSA TERRA" DE PEREIRAS

- "AXOUXERES" DE MOAÑA

- "LEMBRANZAS DA RÍA" DE BUEU


de seguido gran estreno do Grupo de Teatro Infantil do Colexio de "ATIN"

E para rematar o Grupo musical " SEHIBA" de Alcabre