viernes, 12 de abril de 2013

ALEGACIÓNS PLAN XERAL DE MOS

Documento presentado ante o Concello;

AVV “Nosa Terra” de Pereiras     Comunidade de Montes de Pereiras                                                 
    
D. Orindo Táboas Giráldez e D. Carlos Sánchez Bastos, nos seus cargos de Presidente, e en respectiva representación das Organizacións arriba expostas;
  
EXPOÑEN:
  
  1. Que ambas Organizacións teñen entre as súas funcións transmitir as inquedanzas e solicitudes dos veciños e veciñas da localidade ante as institucións pertinentes, así como defender os seus dereitos sociais e comunais.
  2. Que estando o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mos en fase de exposición pública, foi o mesmo estudado e analizado por ambas partes.
  3. Que dentro da localidade de Pereiras se definiron os seguintes núcelos rurais:
N.R.06.01       ROUBLÍN NORTE
N.R.06.02       ROUBLÍN SUR
N.R.06.03       CASALMORTO
N.R.06.04       PAZOS
N.R.06.05       CASAL
N.R.06.06       FONTES
N.R.06.07       A FLORIDA
N.R.06.08       AS VIDES
N.R.                XÁNDARA

  1. Que a Localidade de Pereiras, así como o resto do concello, corresponde a un entorno rural con tradición de vivendas unifamiliares dotadas de terreo particular, e onde a actividade agropecuaria como forma de substento ten carácter residual.
  2. Que as delimitacións definidas para os núcleos rurais non van permitir o desenrolo demográfico da localidade nin o aproveitamento do terreo como tradicionalmente e en base a costume se ten feito, xerando emigración local e desarraigo.
  3. Que os servizos básicos se desenrolaron ao longo da localidade entorno ás principais estradas e vías de comunicación.
  4. Que o acondicionamento e capacidade das vías de comunicación van influir directamente no desenrolo, habitabilidade e seguridade na localidade para a veciñanza.
  5. Que existen zonas que polo seu uso habitual e por costume, deben ser consideradas como protexidas e de uso veciñal.
  Por todo isto, e estando o proceso en prazo aberto a alegacións, presentan as seguintes

ALEGACIÓNS;

1.      Que sexa ampliada a superficie en núcleo rural, en detrimento de superficie e alturas en núcleo urbano.

2.      Que sexan ampliados os seguintes núcleos rurais, según se indica, en base a o seguinte;

a.       Son zonas inmediatamente anexas a núcleos rurais existentes.
b.      A súa exclusión crea xeometrías innaturais, que non se corresponden cun desenvolvemento natural da habitabilidade.
c.       A súa exclusión crea discriminacións entre terreos cos mesmos servizos e condicións.
d.      Son zonas que teñen acceso directo a unha vía principal e aos servizos básicos existentes ou proxectados (auga, luz, saneamento...)
e.       Non debe ser considerada afección algunha debido á natureza e características do terreo e accidentes xeográficos considerados.

·        N.R.0.1-ROUBLÍN NORTE: ampliación ata o núcleo de poboación existente ao leste e que non foi considerado.
·        N.R.06.02-ROUBLÍN SUR: ampliación ás fincas cortadas nos lados oeste e leste. Ampliación cara o sur ,as fincas anexas ás estradas, sendo esta a zona natural de expansión do núcleo, e a área forestal existente non consolidada.
·        N.R.06.03-CASALMORTO: ampliación cara o norte e sur  de todas as fincas lindantes coa estrada principal da localidade Pereiras-Tameiga. Ampliación cara o leste as fincas tamén lindantes coa estrada existentes.
·        N.R.06.04-PAZOS: ampliación na zona surleste nas fincas lindantes coa estrada de Pazos, unindo a zona co núcleode poboación existente non considerado.
·        N.R.06.05-CASAL: ampliación da zona suroeste, anexa ao núcleo H-T e ao núcleo común 2, nas fincas anexas á estrada principal de Soutelo e circundante.
·        N.R.06.06-FONTES: ampliación cara o norte, nas fincas anexas á estrada principal, zona de crecemento natural do núcleo.
·        N.R.06.07-A FLORIDA: ampliación cara o oeste, anexa á estrada PO-331 e comezo da estrada Atín-Igrexa de Pereiras.
·        N.R.06.08-AS VIDES: ampliación na zona oeste, nas fincas lindantes coa estrada. Ampliación na zona norleste, permitindo o crecemento cara o N.R. Agueiro. Ampliación na cara leste, disminuindo a área de protección hidráulica, en virtude da capacidade e caudal do acuifero existente, e do desnivel dende o mesmo ás zonas consideradas como afectadas.
·        N.R.        -      XÁNDARA: ampliación cara o oeste ata a estrada Atín-Igrexa de Pereiras. Ampliación da franxa este a ambos lados da vía.

3.      Que sexa declarada zona protexida, a situada entre as zonas xa protexidas daIigrexa Parroquial e o Centro Cultural, dentro do N.R-Pazos; por ser terreo usado tradicionalmente e por costume para uso social común por todas as veciñas e veciños, debendo considerarse como sistema local de espazo libre.

4.      Que  sexa incluido o documento do N.R-Xándara dentro dos pertencentes á localidade de Pereiras, e sexa sustituida a denominación por Gándara.
  
5.      Que as principais vías da localidade esteán proxectadas para un ancho de 10 metros, previndo a construción de arcéns e/ou beirarrúas, incluindo:

·        Atín-Igrexa-Tameiga.
·        Igrexa-Cristo de Belén.
·        Casal-Candosa.
·        Pazos-Vides.
·        Campo de Eiró-A Florida.
  
6.      Que sexa declarado de protección do patrimonio o Sendeiro dos Muíños da Salgueira na súa totalidade, dende os lindes coa localidade de Cela ata os lindes coa localidade de Sanguiñeda.
  
Solicitando sexan atendidas e consideradas en base a lei, e para que así conste firman a presente;
  
Pereiras (Mos), a 07 de Xaneiro de 2013.

MAL NÚMERO SI NO CRECE

... así que medrará e seguramente, antes de medrar, irá moi ben así que decidimos recibilo da mellor maneira, festa, baile, boa música, cotillón, sidra, chocolate, amigos e veciños.

Dj Juan Joomas puxo a animación musical por segundo ano consecutivo. Despois de cuartos e uvas entre a familia, amigos ou seres queridos, moita xente se acercou ao Centro Cultural “Os Castros” para continuar cunha noite que unhas veces queda para o recordo e outras “de nada me acordo”.

BO 2013!

CULTURAL: RELATIVO OU PERTENCENTE Á CULTURA


Dende finais do mes de novembro ata case final de ano, celebrouse, nun total de 8 días, unha nova Programación que dende hai uns anos vense en chamar TERRA CULTURAL.
Todo comezou coa non tan inocente visión do Nadal por parte dos máis pequenos que imaxinaron os máis variados reis, papa noeis ou árbores de Nadal.



  Ao longo dos días pudemos disfrutrar de grandes cantantes, pero sobre todo de grandes voces. O Grupo vocal Sta. Eulalia sorprendeu pola súa aposta como “unha coral moderna”, Ollos Pretos fixo unha emocionada interpretación de non só música e deixóunos a certeza de que nos van dar grandes momentos no futuro, e coa dúbida de saber máis do gaiteiro de Soutelo.
E o gran colofón vocal viu da man do Crooner Alberto Cunha. Este artista, ainda que con xa prolongada carreira, novo para moitos, sorprendeu co seu impecable timbre e as imitacións que facían ao público ver de reollo a ver se o noso dj estaba metendo un CD ou realmente era a voz de Alberto en directo a que estaba sonando.

Máis música nos trouxeron os portugueses Teimosos de Monçao, cunha mezcla de corda, vento e voz, e pecharon o sábado OS Chavellos, un grupo nado aqui pero do que tememos que o noso escenario xa se lle estea ficando pequeno; non pola cantidade senón pola calidade.
O grupo Bambalina deunos mostras de bo baile, e A Moura de Chain lembrounos cando por aquí tamén eramos teatreiros.

Toda esta ristra de actos completouse con outras actividades máis ou menos activas, como a ruta de sendeirismo que fixo fronte á choiva, o puntual torneo de chave ou as sempre reñidas e roñosas partidas de tute e brisca (ou birisca). 

Noraboa aos gañadores e gañadoras:

Tute gañadores: Poli e David.
Tute outros gañadores: Suso Pereiro e Juan Silva.

Brisca: Alicia e Amelia.
Chave: Miguel Pereiro e Diego Ucha.

OBRADOIROS DE NADAL PARA NENOS E NENAS


2ª KEDADA BTT NOSA TERRA


Despois do éxito do ano pasado,  celebrouse en Pereiras a II Kedada BTT, ou Bicicleta Todo Terreno (derivado do francés Vélo Tout Terrain (VTT).

O 18 de novembro demostrouse que esta especialidade deportiva segue collendo afección e coñecemento en Pereiras. Máis de 700 rodas pudéronse ver polas nosas estradas e camiños. Unha serpe multicolor aproveitada por moitos para coñecer e desfrutar do noso entorno .


Coa colaboración de moitos veciños, agrupacións e casas comerciais organizouse un evento que é o que máis forasteiros trae ata a nosa terra e que fomenta a vida sana e saudable.

Pois Kedemos outra vez no 2013.

POLO SAN MARTIÑO, CASTAÑAS E VIÑO


O Sábado 10 de novembro, véspera de San Martiño, celebramos o noso magosto popular.
Despois dun minucioso triscado das castañas,mándáronse ao lume.

O certame de corais contou como invitados con Helios de Bembrive, aos que lles costou recoñecerse nos dípticos nada críticos do certame. Esta, unha coral que foi fundada xa por primeira vez no 1928, e que participou, xa máis recentemente, na grabación dun CD e actuacións internacionais e mediáticas televisivas na teuvegá.

A nosa Coral Nosa Terra deleitóunos con temas como Maruxiña ou mozas feiticeiras.     

SAN RAFAEL – ROUBLÍN


Este ano houbo final inédita no VI Torneo de Futbito por barrios, e así o destacamos. O de Roublín foi a consumación dunha melloría que xa se tiña observado o ano pasado, mentres que os do “barrio” xa son habituais entre os mellores.

Un total de 6 barrios no masculino e 2 equipas no feminino volvéronse a bater durante 2 semanas, nas que os estivais solpores trouxeron duelos entre os darriba e os dabaixo, os daquí e os dalá.

Competido como debe ser pero dende a deportividade, quedaron contas pendentes para a próxima edición, e goles...