viernes, 5 de agosto de 2011

A CHOIVA MANTEN A EMOCIÓN NO TORNEO DE FUTBITO

O mesmo verán atípico que xa trastocou os plans de sol e praia de moitos veciños, obrigou onte tamén a modificar o calendario do torneo de futbito. A choiva chegou á recen inagurada pista polideportiva e ante os riscos para a seguridade e saúde de xogadoras e xogadores decidiuse aprazar os encontros pendentes para a próxima semana.

O partido feminino que decidirá as gañadoras do campionato xogarase o luns 8 ás 21:30h, mentres que a clasificación para as semifinais masculinas seguirá en incertidume ata que, tamén o luns, ás 22:30h se xogue o Casal-San Rafael. O martes, nos mesmos horarios que estaban previstos, xogaranse as semifinais, 3º e 4º posto (a penaltis) e a final.

Resultados, clasificación e situación de cada equipo antes do último partido da liguilla:

San Rafael: ten asegurada a primeira plaza e o luns pode facer pleno de victorias e asegurarse os premios de máximos goleadores e menores encaixadores.

A Florida: vai xogar a segunda semifinal do martes, só lle resta saber se o fará como 2º clasificado ou como 3º.

Campo de Eiró: a notable remontada in-extemis no último partido aseguroulle a clasificación. Pode facelo como 3º se perde Casal ou como 4º se Casal puntua no seu último partido.

Roublín: a súa única victoria, pola mínima, frente Casal, obrígalles a esperar a derrota destes para clasificarse como cuartos, xa que incluso un hipotético triple empate con Casal e Campo de Eiró os deixaría fora por un único gol de menos nos emfrontamentos directos.

Casal: dependen deles mesmos. Teñen na man o 2º posto (cunha victoria), o 3º (cun empate) e o 5º (cunha derrota).

martes, 2 de agosto de 2011

A SEMANA DE FUTBITO CHEGA AO SEU ECUADOR

Despois de dous días de competición empézanse a definir as clasificacións, que quedarán definitivamente configuradas este xoves. O venres xogaranse as semifinais e finais do torneo masculino.

No apartado feminino, onte martes disputouse o encontro de ida entre Campo de Eiró e A Florida, ambos equipos apropiadamente reforzados por outras xogadoras da parroquia. O combinado da Florida ten a misión de remontar 2 goles na volta que se xogará o xoves se quere levarse a victoria no torneo.

San Rafael perfílanse como o equipo a batir no apartado masculino despois de contar os seus 2 primeiros encontros por victorias, sendo A Florida e Roublín os que máis posibilidades parecen ter de facerlles fronte. Campo de Eiró e Casal terán que loitar por evitar a última praza, que os apartaría das semifinais.

Lembramos que en caso de empate a puntos, a orde para resolvelos será: 1º resultado/s entre os equipos implicados, 2º diferencia de goles global, 3º máis goles marcados, 4º menos faltas acumulativas cometidas, 5º moeda de curso legal ao aire.

Con 2 partidos disputados por cada equipo así está a clasificación masculina provisional. Boa sorte a todas e todos.


sábado, 30 de julio de 2011

MODIFICACIÓN HORARIOS FUTBITO

Todos os partidos se retrasan media hora. Aquí tendes os novos horarios;


jueves, 28 de julio de 2011

SORTEO TORNEO FUTBITO DE VERAN

  • A primeira semana de agosto trae a Pereiras tardes e noites de deportiva rivalidade.


  • A reconstruida pista anexa ao CC "Os Castros" será a sede de todos os encontros.


  • Os equipos de Casal e A Florida abren este luns o campionato.


  • A Florida e Campo de Eiró competirán polo título feminino.


    • Este xoves formalizouse o calendario do campionato de futbito por barrios que vai ter lugar dende o luns 1 ao venres 5 de este mes de agosto.

      Cinco equipos masculinos e dous femininos compoñen os grupos que xogaran entre luns e xoves en modo liguilla para os homes e nunha final a ida e volta para as mulleres. O venres terán lugar as semifinais e final masculina.

      Os horarios quedan da seguinte maneira. Bo xogo a todas e todos.


      miércoles, 20 de julio de 2011

      REUNIÓN CAMPIONATO DE FUTBITO 2011

      Este próximo xoves 28 de xullo ás 21:00h no CC "Os Castros" reunirémonos para formar os equipos e elaborar os cadros do torneo.

      Se xa estás anotado, queres xogar ou xa formaches algún equipo acude o próximo xoves para entre todos e todas definir como se vai desenrolar o campionato.

      As datas serán a primeira semana de agosto, de luns a venres ou de luns a sábado e os horarios pola tarde-noite, dependendo dos encontros que haia que disputar.

      Formarase un equipo por barrio, zona ou lugar, con veciños da parroquia, e que teñan como mínimo 5 socios.

      Aquí tedes o cartel...

      miércoles, 13 de julio de 2011

      TORNEO DE FUTBITO POR BARRIOS

      Este mes de agosto voltará rodar o balón sobre a pista do CC Os Castros. O tradicional campionato por barrios volta coa súa VIª edición despois do parón por obras.

      Todas e todos interesados xa se poden anotar para participar con e contra a súa veciñanza. Os medios de inscripción son os habituais; teléfono, e-mail, no propio Local ou contactando con algún membro da Directiva.

      Días antes da competición faremos unha reunión con toda a xente e equipos inscritos para elaborar a distribución dos mesmos e o calendario; todo en función da participación existente.

      A xogar!!

      lunes, 4 de julio de 2011

      UNHA NOVA XUNTANZA DE XENTE

      Esta fin de semana tivo lugar a XXIX edición da Festa Popular. Socios/as e veciñas/os acudiron aos actos do sábado á noite e o domingo durante todo o día, botándose en falta algúns habituais que este ano por coincidencia de datas tiveron que acudir a outras Festas e Xuntanzas do concello.

      O sábado comezamos co espectáculo de Play Back de Guizán que sorprendeu cos bailes e coreografías das súas mozas e mozos.
      O monologuista Rodri de Pias trouxo a nota cómica con contos e chistes, algúns para todos os públicos e outros máis subidos de tono aproveitando as altas horas e gañándose a complicidade do público. Tamén gustaron as referencias máis locais á parroquia e ao concello.
      Pechamos a noite con música, os veteranos compoñentes de Louro River Band, á luz do foco que máis iluminaba, puxeron a ilusión duns principiantes e a súa longa experiencia melódica para agradar coas súas cancións de estilos pop e rock.


      O domingo arrincouno o grupo de baile local e despois dos obrigados cafés, tapas e vermouths, tivo lugar o xantar popular amenizado pola charanga Vai de Baile, que compensou o seu retraso na actuación coa intensidade da súa música.
      Pola tarde gran asistencia de público para seguir o festival folclórico infantil, e despois nenos e maiores seguiron as historias da princesa Sabela que nos trouxo a compañía Tarabelos.
      Por causa do aire o público tivo que andar máis activo que nunca, para poder ver no exterior o baile tradicional, no interior do Centro Cultural os títeres, e voltar -cadeira en man- ao exterior para seguir o espectáculo de evasións de Pajarito e o seu compañeiro Jan Pierre, recén chegado de Francia.


      Esperamos que todos os asistentes pasaran uns bos momentos estes dous días e que dentro dun ano ninguén falte ao trixésimo aniversario da Xuntanza.

      Gracias a todas e todos.